Publicacións

Plan de Internacionalización e programa POD

Mañá temos xuntanza ás 12h. A reunión será na Sala Manolo Ramos e tamén se poderá participar de xeito non presencial desde a sala 30 de Campus Remoto https://campusremotouvigo.gal/access/public/meeting/121130856 empregando o contrasinal de acceso de estudantado MNjh68u Os temas a tratar son: I Plan de Internacionalización. Novo programa de POD.

Xuntanza 2025

A reunión será o vindeiro luns 13 de xaneiro ás 12 horas na  Sala Manolo Ramos  e tamén se poderá participar de xeito non presencial desde a  sala 30  de  Campus Remoto  empregando o contrasinal de acceso de estudantes MNjh68u A Orde do Día é a seguinte: Informe sobre as prazas convocadas con cargo ao programa María Goyri. Normativa de POD. Desenvolvemento de Centros e Institutos de Investigación. NOTA: A normativa de POD xa foi enviada aos sindicatos e estamos a agardar as súas aportacións, pero parécenos axeitado compartilas para debater sobre elas no seo de H2040.

Grazas UVigo

Imaxe
O pesar da perda de Manolo fai imposible dicir que estamos contentos ou valorar os resultados destas eleccións. O único que queremos e darvos as grazas pola vosa confianza. Faremos o posible por merecer esta renovación do voso apoio á nosa proposta liderada por Pachi Reigosa.

#QuendaAberta

Imaxe
O 21 de abril, inauguramos o primeiro evento #QuendaAberta co candidato ao Reitorado por H2040, Manuel Reigosa. O acto, ao que estivo convidada toda a comunidade universitaria, desenvolveuse na Facultade de Dereito do Campus de Ourense ás 16.30 horas (Aula Magna Concepción Arenal).  Moderado pola xornalista Elisabet Fernández de La Región xa está no noso Instagram coma destacado para o seu visionado en diferido. Ademáis deste, están programados outros actos #QuendaAberta nos campus de Vigo e Pontevedra: Campus de Vigo. Luns 25 de abril ás 16.00h. Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo. Sala de Videoconferencias. Moderado por Sandra Penelas (Faro de Vigo), dispoñible en IG. Campus de Pontevedra. Xoves 28 de abril ás 18.00h. Facultade de Bellas Artes. Espazo 30. Moderadora: María Varela (Diario de Pontevedra) Tamén existe a posibilidade de seguir o evento en #campusRemoto Sala 001 do Pazo de Congresos  Clave de acceso estudantado: Gqqye445

RELEVO XENERACIONAL

Imaxe
Incentivaremos tanto a xubilación como a renovación que precisa o cadro de persoal actual potenciando prazas dignas que faciliten a traxectoria académica. Nos catro anos de mandato precedente sairon a concurso as prazas das persoas acreditadas comezando a   reverter a situación desfavorable preexistente.   Ademais faremos que a chegada a institución e a despedida da mesma, sexa agarimosa e reforce o sentimento de pertenza á UVigo. #H2040 #ConXeito

SOSTIBILIDADE

Imaxe
Seguindo a liña impulsada no mandato anterior, H2040 intensificará as accións dirixidas ó desenvolvemento ecoloxicamente sostible e á eficiencia co emprego de enerxías renovables, a reciclaxe e a reutilización, continuando coa redución do consumo. Neste eido, a Universidade de Vigo contribúe á concienciación da comunidade universitaria e da cidadanía  sobre a necesidade do aforro enerxético, erixíndose como  un referente.

Concilia

Imaxe
Conciliar a vida laboral e familiar resulta complicado en todos os ámbitos, incluído o académico. A Universidade de Vigo converteuse nun referente nesta materia con accións concretas como as salas de lactancia ou a consideración específica na produción científica para as mulleres nos tres primeiros anos da crianza. #H2040 seguirá traballando a prol de garantir a igualdade real e efectiva entre mulleres e homes nas condicións de estudo, de convivencia e de traballo. Promovendo medidas para o estudantado, PAS e PDI que procuren as mellores condicións para o coidado da infancia e das persoas dependentes. Falamos de medidas decididas, como  a docencia cero, o teletraballo ou a creación de ludotecas en períodos de vacacións das escolas.

Estudantado

Imaxe
Queremos acompañarte cunha atención específica, en cada unha das etapas nas que te atopes na UVigo. No inicio, con plans que facilitan a túa incorporación á vida universitaria. Durante os teus estudos, mellorando os graos e mestrados, avanzando na regulamentación, incluíndo formación transversal, así como actividades deportivas, culturais, de voluntariado, asociacionismo e fomentando a túa participación na toma de decisións. Ao remate, con programas de emprego e emprendemento, para facilitar a túa incorporación ao mercado laboral. E por suposto, aspiramos a que formes parte para sempre da UVigo como Alumni, cunha oferta atractiva de formación ao longo de toda a vida e facilitando colaboracións que respondan a intereses comúns.  

240

Imaxe
O primeiro paso xa está dado: de 320 a 280. Pero nunca perdemos de vista o obxectivo das 240 horas de docencia máxima. H2040 defende que a calidade da docencia so pode conseguirse cunha adecuada motivación e cunha carga docente compatible co resto de tarefas do profesorado. Para nós a docencia é un dos piares básicos da universidade. É un exemplo claro da nosa aposta polas persoas, de que algo mudou: mudaron as prioridades.

MANUEL REIGOSA PRESENTA A CANDIDATURA H2040 AO REITORADO DA UVIGO E AS LIÑAS DO PROGRAMA DE GOBERNO.

IIgualdade, internacionalización e impulso da Uvigo entre os retos a abordar nesta nova etapa O actual Reitor da Uvigo, Manuel Reigosa, presentou hoxe ante rexistro da Universidade de Vigo a nova candidatura que lidera fronte ao grupo H2040, con motivo das vindeiras eleccións do 4 de maio. Con esta candidatura conformaría o seu segundo mandato ao fronte da institución.  Nesta nova etapa, Reigosa presenta as liñas básicas transversais do seu goberno marcadas no plan estratéxico que xiran en torno a pulo ao galego, loita e melloras en materia de igualdade, e a internacionalización da Universidade a través de atrae alumnado e PDI extranxeiro. Xunto a isto, súmanse os retos máis inmediatos de renovación do cadro de persoal, a transformación dixital e a aposta pola sostibilidade. Este eixe vertebrador da proposta persegue impulsar a Universidade de Vigo por todo o mundo. Manuel Reigosa reunirase con toda a comunidade universitaria dos campus da Uvigo para compartir a través de xuntanzas...

Pedimento voto 4M

Imaxe
Estimada/o compañeira/o: como seguramente xa saibas, preséntome á reelección á reitoría polo colectivo H2040 nas eleccións deste MÉRCORES 4 DE MAIO.  Queremos seguir facendo da Universidade de Vigo un lugar mellor onde traballar e estudar, como ben cumprimos nestes catro anos que nos preceden. Apostamos polo diálogo, e a participación democrática nas decisións; polo crecemento de todo o persoal docente e investigador, así como o persoal de administración e servizos. Apostamos pola apertura do novo espazo de titulacións, a galeguización e a internacionalización do noso estudantado. Levaremos a cabo os nosos retos entre todos e todas, e por iso precisamos o teu SI. Un SI para H2040.  Este mércores 4 de maio (de 10.00h a 18.00h) pedimos que votes SI na túa facultade. Contamos contigo, recibe unha aperta, Pachi Reigosa

Algo mudou, algo calou…

AAlgo mudou nestes anos. Prometemos outro xeito de facer baseado na escoita e na acción. E así, amodiño pero sen pausa, os compromisos pasaron a ser unha realidade. As persoas na #UVigo centraron a acción do goberno de Pachi Reigosa, o noso reitor e o máximo representante de H2040 e da fiabilidade. Horizonte 2040 é a universidade das persoas, o presente e unha programación de futuro que xurdiu en 2018 como resposta ao afastamento do sentir da comunidade e na procura da mellora de aspectos relevantes da nosa vida laboral.  #auniversidadedaspersoas #H2040 #outroXeito #persoasprimeiro  #PachiReigosa #eleccións22                    Algo calou nestes anos.   A mensaxe segue a ser a mesma, as persoas primeiro.   Falamos de desateigar de docencia e cumprimos. Falamos de recuperar as pagas extras e fixemos o camiño para que sexa un feito. Falamos de baleirar as bolsas de personal acreditado atrancadas durante unha década e as...

H2040 renova a confianza en Pachi Reigosa

Agradecido e con ilusión renovada afronta Manuel Reigosa a súa reelección como candidato a reitor de H2040

Baixar á cidade: do rumor aos feitos

Imaxe
  Ás veces é complexo que a comunicación realizada polas canles institucionais previstas conclúa sen contaminación nos sectores que non participan directamente do debate ou da escoita de quen emite a mensaxe orixinal. O rumor é unha arma poderosa para influír nas persoas receptoras que non fan unha procura activa da información e que se decatan das novidades con imprecisións, con erros intencionais ou simplemente a través de terceiras persoas ás que resulta que llo contaron mal. Desde H2040 queremos ser unha vía máis para resaltar as palabras e o esforzo do noso reitor en trasladarlle a toda a comunidade unha proposta que implica decisións de presente e de futuro para a Universidade de Vigo. Esta entrada pretende responder ás preguntas formuladas por calquera persoa da comunidade en referencia á información que está a circular e que se puido coñecer máis aló dos núcleos de intervención ordinaria como son o Consello de Goberno, o Claustro ou as xuntanzas mantidas coas diferentes un...

Pachi Reigosa «Foi esencial para nós que o estudantado puidera seguir o curso en pé de igualdade»

Imaxe
No acto de apertura prometeu mellorar a vida das persoas da Universidade de Vigo. Ten evidencias ou retroalimentación neste senso? Só a comunidade universitaria pode ter a resposta certa coma é lóxico. Pero podo afirmar que, a pesar da situación que afrontamos co atranco que supuxo a pandemia, moitas das promesas están cumpridas e penso que teñen boa valoración. Penso que mellorou o sentimento de pertenza e que se transmitiron os valores da nosa institución coma viva, dinámica e chea de enerxía para o que está por vir. A vontade de pasar a 280 horas así coma de facer a carreira académica transparente e coas promocións non retrasadas fronte aos anos precedentes foi unha teima programática que xa tivo os seus froitos. Que queda pendente no ámbito do profesorado? Gustaríame darlle énfase ao feito de que, aínda que para moita xente durante a campaña parecía imposible facer este cambio e que se achacaba ao marco normativo a limitación para tomar esta decisión, si era posible. Para nós era i...

Balance compromisos cumpridos do primeiro ano de goberno

Secretaría Xeral - Revitalización dos órganos de goberno como lugares de participación, debate e decisión: cumpriuse a través da convocatoria de tres Claustros e cos debates en Consello de Goberno, ademais da aprobación de case todos os acordos por asentimento. - Simplificación do programa Docentia: creación da comisión ad hoc que xa se reuniu tres veces neste primeiro ano de goberno. O deseño final está avanzado e estase intentando consensuar ademais co resto do SUG. - Mellora das enquisas de profesorado: propúxose a redución das preguntas (10) e o deseño como enquisa electrónica. Tamén se está consensuando co resto do SUG. - Creación dun grupo de traballo de innovación administrativa para analizar os trámites e os procedementos: nos compromisos falábase de crear unha unidade administrativa e creouse un grupo de traballo con esta finalidade. Proximamente sacarase unha instrución sobre a elaboración do catálogo de trámites. - Posta en marcha da admin...