Publicacións

Mostrando publicacións desta data: maio 17, 2018

Letras Galegas.

Imaxe
A autora homenaxeada este ano o 17 de Maio no Día das Letras Galegas é María Victoria Moreno Márquez, unha muller dunha riqueza lingüística inusual: naceu na provincia de Cáceres, medrou lingüisticamente en varias localidades segovianas, cursou o bacharelato en Barcelona –onde aprendeu o catalán- e logo estudou Filoloxía Románica en Madrid, da man de D. Dámaso Alonso ou D. Rafael Lapesa. Xa casada, cun compañeiro de carreira –cego desde os tres anos- ao que axudara con algunhas materias, veu dar a Pontevedra en 1963, onde el foi destinado como profesor e axiña director do colexio da ONCE. É o primeiro contacto de María Victoria con Galicia. Alí dá clase no Valle-Inclán (de Francés, de Latín…) e prepara oposicións, ademais de levar a súa casa. Cando aproba as oposicións a profesora adxunta de Lingua e Literatura Españolas escolle Lugo como destino, por ser o máis próximo que había a Pontevedra. Conducindo o seu propio coche, con 24 anos, traballa en Lugo pola semana e marcha a Pontev...