Balance compromisos cumpridos do primeiro ano de goberno
                          Secretaría Xeral  -  Revitalización dos órganos de goberno como lugares de participación, debate e decisión: cumpriuse a través da convocatoria de tres Claustros e cos debates en Consello de Goberno, ademais da aprobación de case todos os acordos por asentimento.  -  Simplificación do programa Docentia: creación da comisión ad hoc que xa se reuniu tres veces neste primeiro ano de goberno. O deseño final está avanzado e estase intentando consensuar ademais co resto do SUG.  -  Mellora das enquisas de profesorado: propúxose a redución das preguntas (10) e o deseño como enquisa electrónica. Tamén se está consensuando co resto do SUG.  -  Creación dun grupo de traballo de innovación administrativa para analizar os trámites e os procedementos: nos compromisos falábase de crear unha unidade administrativa e creouse un grupo de traballo con esta finalidade. Proximamente sacarase unha instrución sobre a elaboración do catálogo de trámites.  -  Posta en marcha da admin...