Publicacións

Mostrando publicacións desta data: febreiro 19, 2018

o aquel do nome...

H2040 (naming) Pensamos que é preciso programar a universidade das persoas que queremos ter nos vindeiros anos. Unha universidade pública e de calidade, agarimosa coas persoas dos colectivos que a compoñen.  É tempo xa de pensar a medio prazo; desexamos preparar os cadros de persoal que deben levar á Universidade de Vigo ata as máximas cotas de competitividade sin esquecer que é o capital humano o que o fai posible.  É por elo, convencidos de que o futuro escríbese hoxe, que presentamos a candidatura H2040 (Horizonte 2040), levantando a vista ata o futuro e tentando xuntar os esforzos de todos e todas para achegarnos a ese ano 2040 ben preparados.