PProfesorado, persoal de administración e servizos e estudantes da UVigo dos tres campus que desexan traballar nun novo proxecto que estableza as PERSOAS como o eixo da acción do goberno. Hai uns días coñeciámonos nunha xuntanza en Industriais con eco interno e mediático e a ilusión por un cambio comenzou. Rostros coñecidos entre si e curriculums ignotos para outros. Talento UVigo e recoñecemento dun pasado que quere lanzarse ao futuro con retos sinxelos uns, ambiciosos outros, como chegar a formar parte do elenco das 100 universidades europeas de prestixio. No noso arranque únenos o volver a nosa mirada e motivar ao noso capital humano. E si xa empezamos a trasladar as nosas ideas, a coñecernos e a camiñar. O noso portavoz, Pachi Reigosa, vai encabezando esta expedición de persoas da Universidade de Vigo. A algúns de vós xa vos abordamos pero aspiramos a chegar a todos para transmitir o proxecto que ten o Manifesto 2040 como documento embrionario.
No acto de apertura prometeu mellorar a vida das persoas da Universidade de Vigo. Ten evidencias ou retroalimentación neste senso? Só a comunidade universitaria pode ter a resposta certa coma é lóxico. Pero podo afirmar que, a pesar da situación que afrontamos co atranco que supuxo a pandemia, moitas das promesas están cumpridas e penso que teñen boa valoración. Penso que mellorou o sentimento de pertenza e que se transmitiron os valores da nosa institución coma viva, dinámica e chea de enerxía para o que está por vir. A vontade de pasar a 280 horas así coma de facer a carreira académica transparente e coas promocións non retrasadas fronte aos anos precedentes foi unha teima programática que xa tivo os seus froitos. Que queda pendente no ámbito do profesorado? Gustaríame darlle énfase ao feito de que, aínda que para moita xente durante a campaña parecía imposible facer este cambio e que se achacaba ao marco normativo a limitación para tomar esta decisión, si era posible. Para nós era i