AAlgo mudou nestes anos. Prometemos outro xeito de facer baseado na escoita e na acción. E así, amodiño pero sen pausa, os compromisos pasaron a ser unha realidade. As persoas na #UVigo centraron a acción do goberno de Pachi Reigosa, o noso reitor e o máximo representante de H2040 e da fiabilidade.
Horizonte 2040 é a universidade das persoas, o presente e unha programación de futuro que xurdiu en 2018 como resposta ao afastamento do sentir da comunidade e na procura da mellora de aspectos relevantes da nosa vida laboral.
#auniversidadedaspersoas #H2040 #outroXeito #persoasprimeiro
#PachiReigosa #eleccións22
Algo calou nestes anos.
A mensaxe segue a ser a mesma, as persoas primeiro. Falamos de desateigar de docencia e cumprimos. Falamos de recuperar as pagas extras e fixemos o camiño para que sexa un feito. Falamos de baleirar as bolsas de personal acreditado atrancadas durante unha década e así foi. Tamén de estabilidade laboral e retención e captación de talento e seguimos pensando do mesmo xeito. Algo calou nestes anos cando falamos.
Comentarios
Publicar un comentario