Saltar ao contido principal

Pedimento voto 4M


Estimada/o compañeira/o:

como seguramente xa saibas, preséntome á reelección á reitoría polo colectivo H2040 nas eleccións deste MÉRCORES 4 DE MAIO. 

Queremos seguir facendo da Universidade de Vigo un lugar mellor onde traballar e estudar, como ben cumprimos nestes catro anos que nos preceden. Apostamos polo diálogo, e a participación democrática nas decisións; polo crecemento de todo o persoal docente e investigador, así como o persoal de administración e servizos. Apostamos pola apertura do novo espazo de titulacións, a galeguización e a internacionalización do noso estudantado.

Levaremos a cabo os nosos retos entre todos e todas, e por iso precisamos o teu SI. Un SI para H2040. 

Este mércores 4 de maio (de 10.00h a 18.00h) pedimos que votes SI na túa facultade.


Contamos contigo, recibe unha aperta,

Pachi Reigosa

Comentarios