Saltar ao contido principal

MANUEL REIGOSA PRESENTA A CANDIDATURA H2040 AO REITORADO DA UVIGO E AS LIÑAS DO PROGRAMA DE GOBERNO.

IIgualdade, internacionalización e impulso da Uvigo entre os retos a abordar nesta nova etapa


O actual Reitor da Uvigo, Manuel Reigosa, presentou hoxe ante rexistro da Universidade de Vigo a nova candidatura que lidera fronte ao grupo H2040, con motivo das vindeiras eleccións do 4 de maio. Con esta candidatura conformaría o seu segundo mandato ao fronte da institución. 

Nesta nova etapa, Reigosa presenta as liñas básicas transversais do seu goberno marcadas no plan estratéxico que xiran en torno a pulo ao galego, loita e melloras en materia de igualdade, e a internacionalización da Universidade a través de atrae alumnado e PDI extranxeiro. Xunto a isto, súmanse os retos máis inmediatos de renovación do cadro de persoal, a transformación dixital e a aposta pola sostibilidade. Este eixe vertebrador da proposta persegue impulsar a Universidade de Vigo por todo o mundo.

Manuel Reigosa reunirase con toda a comunidade universitaria dos campus da Uvigo para compartir a través de xuntanzas abertas, as inquedanzas tanto de alumnado como do PDI e PAS da Universidade. 

Nas páxinas almanaque, equipo e liñas poderás atopar toda a información.

Comentarios