Publicacións

Calendario da rolda de visitas centros.

Imaxe
*Pode haber modificacións.

A modo de síntesis do noso programa.

Programando a universidade do futuro

DECÁLOGO  Liñas programáticas básicas Garantir a igualdade de oportunidades no acceso e seguimento dos estudos universitarios:  Defensa da conxelación das taxas de grao e achegamento dos prezos públicos de mestrado aos de grao. Posicionamento fronte ás institucións con competencias no ámbito de financiamento de bolsas para a eliminación das restricións económicas no acceso a mestrado e avance cara á gratuidade do primeiro curso dos graos. Dignificación e valorización da calidade da docencia : Reverter os efectos negativos da interpretación e aplicación realizada das diversas normativas estatais na Universidade de Vigo.    As normativas relativas a réxime de dedicación de profesorado e restrición de convocatoria de saída a concurso de prazas de profesorado redundaron na perda de calidade docente, propiciando que estudantado e profesorado desenvolvan as súas tarefas en peores condicións que a maioría das universidades do noso contorno. Compromiso para o prim...

o aquel do nome...

H2040 (naming) Pensamos que é preciso programar a universidade das persoas que queremos ter nos vindeiros anos. Unha universidade pública e de calidade, agarimosa coas persoas dos colectivos que a compoñen.  É tempo xa de pensar a medio prazo; desexamos preparar os cadros de persoal que deben levar á Universidade de Vigo ata as máximas cotas de competitividade sin esquecer que é o capital humano o que o fai posible.  É por elo, convencidos de que o futuro escríbese hoxe, que presentamos a candidatura H2040 (Horizonte 2040), levantando a vista ata o futuro e tentando xuntar os esforzos de todos e todas para achegarnos a ese ano 2040 ben preparados.

manifesto Horizonte 2040

A UNIVERSIDADE DAS PERSOAS Estamos nun momento fundamental para o devir da nosa universidade. Cómpre agora programar a universidade que queremos no futuro e prever os pasos que hai que dar para atinxir as máximas cotas de calidade docente, investigadora, de transferencia e de xestión para dar o mellor servizo posíbel á sociedade que nos sustenta. Un dos sinais de identidade da Universidade de Vigo dende a súa creación foi a aposta polos principios de igualdade, mérito e capacidade. Estes principios fixéronnos ser quen de captar persoal da máxima cualificación e podermos ser competitivos a nivel mundial. Nos últimos tempos a situación está a mudar negativamente por distintas causas. Temos un problema de relevo xeracional importante. Temos un problema de planificación e organización interna do noso cadro de persoal. Temos un problema coa excesiva xudicialización da nosa universidade. Temos un problema coa toma de decisións sen contar coa opinión das persoas (estudantado, profesorad...

... e quen somos nós?

PProfesorado, persoal de administración e servizos e estudantes da UVigo dos tres campus que desexan traballar nun novo proxecto que estableza as PERSOAS como o eixo da acción do goberno. Hai uns días coñeciámonos nunha xuntanza en Industriais con eco interno e mediático e a ilusión por un cambio comenzou. Rostros coñecidos entre si e curriculums ignotos para outros. Talento UVigo e recoñecemento dun pasado que quere lanzarse ao futuro con retos sinxelos uns, ambiciosos outros, como chegar a formar parte do elenco das 100 universidades europeas de prestixio. No noso arranque únenos o volver a nosa mirada e motivar ao noso capital humano. E si xa empezamos a trasladar as nosas ideas, a coñecernos e a camiñar. O noso portavoz, Pachi Reigosa, vai encabezando esta expedición de persoas da Universidade de Vigo. A algúns de vós xa vos abordamos pero aspiramos a chegar a todos para transmitir o proxecto que ten o Manifesto 2040 como documento embrionario.