Saltar ao contido principal

... e quen somos nós?

PProfesorado, persoal de administración e servizos e estudantes da UVigo dos tres campus que desexan traballar nun novo proxecto que estableza as PERSOAS como o eixo da acción do goberno.
Hai uns días coñeciámonos nunha xuntanza en Industriais con eco interno e mediático e a ilusión por un cambio comenzou. Rostros coñecidos entre si e curriculums ignotos para outros. Talento UVigo e recoñecemento dun pasado que quere lanzarse ao futuro con retos sinxelos uns, ambiciosos outros, como chegar a formar parte do elenco das 100 universidades europeas de prestixio.
No noso arranque únenos o volver a nosa mirada e motivar ao noso capital humano. E si xa empezamos a trasladar as nosas ideas, a coñecernos e a camiñar. O noso portavoz, Pachi Reigosa, vai encabezando esta expedición de persoas da Universidade de Vigo. A algúns de vós xa vos abordamos pero aspiramos a chegar a todos para transmitir o proxecto que ten o Manifesto 2040 como documento embrionario.