Publicacións

Compromisos

XERAIS Programa H2040 compromisos xerais. from H2040 ESTUDANTADO Programa H2040 compromisos estudantado from H2040 PAS Programa H2040 compromisos PAS from H2040
A Delegación de Estudantes da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte en consenso co noso candidato chegaron aos seguintes acordos asumindo as súas propostas despois de reunirnos onte. Propostas ao candidato a reitor Manuel Reigosa from H2040

Programa

Calendario da rolda de visitas centros.

Imaxe
*Pode haber modificacións.

A modo de síntesis do noso programa.

Programando a universidade do futuro

DECÁLOGO  Liñas programáticas básicas Garantir a igualdade de oportunidades no acceso e seguimento dos estudos universitarios:  Defensa da conxelación das taxas de grao e achegamento dos prezos públicos de mestrado aos de grao. Posicionamento fronte ás institucións con competencias no ámbito de financiamento de bolsas para a eliminación das restricións económicas no acceso a mestrado e avance cara á gratuidade do primeiro curso dos graos. Dignificación e valorización da calidade da docencia : Reverter os efectos negativos da interpretación e aplicación realizada das diversas normativas estatais na Universidade de Vigo.    As normativas relativas a réxime de dedicación de profesorado e restrición de convocatoria de saída a concurso de prazas de profesorado redundaron na perda de calidade docente, propiciando que estudantado e profesorado desenvolvan as súas tarefas en peores condicións que a maioría das universidades do noso contorno. Compromiso para o prim...

o aquel do nome...

H2040 (naming) Pensamos que é preciso programar a universidade das persoas que queremos ter nos vindeiros anos. Unha universidade pública e de calidade, agarimosa coas persoas dos colectivos que a compoñen.  É tempo xa de pensar a medio prazo; desexamos preparar os cadros de persoal que deben levar á Universidade de Vigo ata as máximas cotas de competitividade sin esquecer que é o capital humano o que o fai posible.  É por elo, convencidos de que o futuro escríbese hoxe, que presentamos a candidatura H2040 (Horizonte 2040), levantando a vista ata o futuro e tentando xuntar os esforzos de todos e todas para achegarnos a ese ano 2040 ben preparados.