Xestión e Administración Electrónica
ObXeCtivo 1.
ReduCión Da
burocracia.
CompromisoS:
·
Crear unha Unidade de Innovación
Administrativa encargada do proceso de posta en funcionamento da Administración
Electrónica, así como de analizar e racionalizar os trámites e procedementos
utilizados internamente pola universidade.
·
Definir mecanismos de diagnóstico
que permitan detectar burocracia inxustificada nos diferentes procedementos
internos da universidade.
·
Negociar coas diferentes
administracións coas que a universidade realiza trámites con vistas a
automatizar e simplificar as operacións, así como a estandarizar os formatos de
intercambio de información.
Obxectivo 2.
Implantar a
administración electrónica na Universidade de Vigo.
COMPROMISOS:
·
Elaborar unha normativa completa
destinada a adecuar o funcionamento da Universidade de Vigo aos parámetros da
administración electrónica, con particular atención á Lei 39/2015 de 1 de
outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas e á
Lei 40/2015, de 1 de outubro, do Réxime Xurídico do Sector Público.
·
Identificar os diferentes
responsables e as súas atribucións e obrigas específicas en termos de
administración electrónica, por centros e por servizos.
·
Realizar actividades de formación
para o persoal da Universidade de Vigo sobre os procedementos técnicos que se
sigan no uso da administración electrónica.
·
Desenvolver, a través dos servizos
informáticos propios, as ferramentas técnicas necesarias para garantir que a
administración electrónica se faga realidade na Universidade de Vigo.
·
Crear sinerxías positivas co PDI
da Universidade de Vigo relacionadas cos aspectos técnicos e xurídicos que
implica a administración electrónica.
·
Proxectar a administración
electrónica sobre o portal de transparencia, a xestión da garantía de calidade
e dos orzamentos en xeral, para mellorar as súas condicións de uso e adaptalas
aos desafíos e necesidades da universidade actual.
Obxetivo 3.
Crear a Sede
Electrónica da Universidade de Vigo (SEDUVI).
COMPROMISOS:
·
Crear os mecanismos legais e
técnicos que permitan o establecemento dun sitio electrónico na Universidade de
Vigo que garanta a integridade, veracidade e actualización da información e
servizos aos que se pode acceder.
·
Incorporar un certificado de
dispositivo seguro na oficina electrónica que garanta a conexión segura da
cidadanía aos sitios web oficiais, a autenticación de páxinas web da universidade,
ou a consulta e autorización de rexistros de representación.
·
Garantir a sinatura dixital,
mediante o uso dun certificado recoñecido, que incorpore un selo de tempo para
autenticar a data de creación dos documentos, a xeración de probas electrónicas
e, polo tanto, a xeración de dereitos e obrigas.
·
Designar como responsable da
publicación da sede, coa finalidade de eliminar todo o que non sexa obsoleto, a
Secretaría Xeral da Universidade.
·
Identificar o persoal autorizado
para actuar en relación co uso de todos e cada un dos procedementos
dispoñibles, así como o perfil de contratación da Universidade de Vigo nas
actividades relacionadas coa Xerencia.
·
Crear un catálogo de procedementos
electrónicos dispoñibles para PDI, PAS, estudantes e cidadáns en xeral, en relación
coa carta de servizos que ofrece a Universidade de Vigo.
·
Implementar un rexistro e un
taboleiro de anuncios electrónicos.
·
Integrar o Arquivo Universitario,
que pasaría a depender funcionalmente da Secretaría Xeral.
Obxectivo 4.
Promover o uso da
administración electrónica entre as persoas usuarias.
COMPROMISOS:
·
Pór en marcha os mecanismos
necesarios para proporcionar os mesmos servizos e posibilidades de acceso en
todos os Campus. Para iso, mentres a normativa o permita, crearanse subsedes
electrónicas derivadas da principal nos Campus de Ourense, Pontevedra e
Vigo-Cidade.
·
Preparar unha guía completa sobre
o uso da sede e os seus aspectos técnicos que será accesible ao público en
xeral.
·
Facilitar ao persoal da
Universidade de Vigo o acceso aos dispositivos necesarios para o uso da
administración electrónica.
·
Promover cursos de formación
específicos para o PDI e o PAS nos tres Campus.
·
Incorporar unha sección separada
específica sobre queixas e suxestións, dispoñible para as/os usuarias/os.
·
Restrinxir o uso da documentación
en papel aos casos estritamente necesarios.
·
Promover unha xestión transparente
da Universidade de Vigo nas súas relacións coas persoas usuarias do servizo.