Transferencia
ObXeCtivo 1.
Potenciar novas
fórmulas de colaboración co teCido empresarial.
CompromisoS:
·
Promover e xestionar a relación
entre a Universidade de Vigo, os organismos públicos de investigación, centros
tecnolóxicos e mundo empresarial no ámbito investigador e tecnolóxico, e
difundir os seus resultados. Os programas desta liña de actuación serán
xestionados desde a OTRI (Oficina de Transferencia de Resultados de
Investigación).
·
Establecer puntos de encontro en
forma de foros, xornadas..., entre os grupos de investigación e o tecido
empresarial para identificar conxuntamente necesidades e oportunidades de novos
proxectos, así como promover a cultura da investigación colaborativa coas
empresas e promover unha formación do persoal universitario adaptada ás
necesidades do sector produtivo.
·
Regulamentar e fomentar o
patrocinio e o mecenado como novas formas de financiamento na universidade.
·
Asinar un convenio de colaboración
coa Fundación Empresa-Universidade Galega (Feuga), semellante ao que xa tivemos
no pasado e seguen tendo as outras universidades galegas, que permita utilizar
de novo este organismo como vía de xestión de proxectos con empresas.
·
Redefinir o papel da Fundación da
Universidade de Vigo (Fuvi) como elemento facilitador da colaboración entre os
grupos e as empresas.
ObXeCtivo 2.
APOSTAR DECIDIDAMENTE
POLA creación de spin-off E start-up da universidadE.
CompromisoS:
·
Apoiar e facilitar o labor
administrativo á comunidade universitaria para a creación de novas empresas de
base tecnolóxica.
·
Establecer recoñecementos docentes
para aqueles membros do PDI que tenten pór en marcha unha empresa de base
tecnolóxica.
·
Crear e dotar adecuadamente
espazos de co-working nos diferentes Campus da Universidade de Vigo para
fomentar a maduración de ideas que poidan dar lugar a futuras empresas.
ObXeCtivo 3.
APOSTAR POLO
INCREMENTO de patentes E modelos de utilidadE.
CompromisoS:
·
Crear unha Unidade de Protección
de Resultados que teña por misión apoiar e facilitar os estudos e trámites
administrativos necesarios para a solicitude de novas patentes e modelos de
utilidade.
·
Considerar as patentes e modelos
de utilidade como méritos de especial relevancia dentro dos mecanismos de
recoñecemento da actividade de transferencia.
ObXeCtivo 4.
Potenciar os
doUtoraMENTos industriaIs E vincular os TFG E TFM con necesidades concretas das
empresas E ENTIDADES.
CompromisoS:
·
Potenciar a definición de
programas de doutoramento que teñan en conta na definición das súas liñas de
investigación as necesidades específicas dos sectores empresariais que teñan
unha consideración de estratéxicos pola Universidade.
·
Fomentar a vinculación das
temáticas das ofertas de Traballos Fin de Grao e Traballos Fin de Mestrado ás
necesidades das empresas con relacións coa universidade, co obxectivo de poder
realizar estes traballos dentro da empresa como compoñente adicional de
formación e vía de incorporación ao mundo laboral.
·
Pór en marcha un Programa de
axudas predoutorais para a realización de teses en colaboración con
institucións, empresas ou entidades.
ObXeCtivo 5.
INCREMENTAR a
transferencia de coÑECEMENTO nos ámbitos dAS humanidades E DAS ciencias sociaIs.
CompromisoS:
·
Definir unha estratexia de difusión
das capacidades e potencialidades dos grupos de investigación dos ámbitos das
humanidades e das ciencias sociais orientada ao tecido empresarial.
·
Establecer mecanismos para o
fomento da cultura da transferencia de resultados naqueles grupos de
investigación que o requiran, e que poderán orientarse pola vía da formación ou
ben da colaboración interdisciplinaria con grupos que xa teñan ampla
experiencia na relación con empresas.
ObXeCtivo 6.
RecoÑECEMENTO do labor
de transferencia do coÑECEMENTO.
CompromisoS:
·
Incentivar o profesorado para a consecución
de sexenios de transferencia e a mellora na súa actividade de transferencia de
coñecemento.
·
Definir un Programa de Avaliación
da Produción de Investigación e de Transferencia que, en canto á actividade de
transferencia, considere como méritos principais os contratos con empresas e as
patentes e a súa relevancia.
ObXeCtivo 7.
AXilizar a Xestión dE
PROXECTOS.
CompromisoS:
·
Elaborar unha nova normativa co
obxectivo básico de simplificar os trámites para formalizar as colaboracións
coas empresas (proxectos, informes, cursos...). Simplificar, en consonancia, os
formularios e contratos-tipo utilizados na actualidade.
·
Crear unha Oficina de Xestión Integral
de Proxectos e Contratos de I+D+i, que asuma as función de xestión
administrativa, económica e xustificativa de todos os proxectos e contratos da
Universidade, integrando a estrutura periférica dos Campus.
·
Aproveitar o impulso previsto no
ámbito da dixitalización e administración electrónica na universidade para dar
soporte aos diferentes procesos de formalización, seguimento e xestión
asociados ás diferentes modalidades de colaboración con empresas.
ObXeCtivo
8.
Promover
a transferencia interuniversitaria coas oUtras universidades galegas.
Compromisos:
·
Promover e incentivar as relacións
entre as OTRI das universidades galegas como unha forma de atender ás
necesidades do tecido empresarial galego.