Sostibilidade
OBXECTIVO 1.
Conseguir edificios SOSTIBLES
E renovables.
CompromisoS:
·
Estudar a posibilidade de
implantar instalacións de enerxía renovable (solar fotovoltaica/eólica) que
cubran a demanda eléctrica dos edificios. O obxectivo é que ao rematar o
mandato haxa, cando menos, un edificio en cada Campus onde a electricidade se xere
completamente por medio de fontes renovables.
·
Avanzar na implantación de
sistemas centralizados de calefacción (district
heating) baseados en enerxía renovable (biomasa/solar térmica/xeotérmica)
que cubran a demanda térmica dos edificios. O obxectivo é que ao rematar o
mandato haxa, cando menos, algúns edificios conectados en cada Campus nos que a
calefacción se consiga por medio de fontes renovables.
·
Establecer colaboracións coas
administracións correspondentes e traballar coas empresas subministradoras de
enerxía eléctrica e térmica do sur de Galicia para conseguir os compromisos anteriores.
OBXECTIVO 2.
Potenciar os espaZos
verdes.
CompromisoS:
·
Converter os nosos Campus en
lugares de traballo, estudo e reunión máis agradables. O aumento das zonas
verdes é un elemento básico para o benestar da poboación. Permite un dobre
efecto, por unha banda, unha diminución nos niveis de contaminantes
atmosféricos e, por outra, unha mellora psicolóxica positiva para o equilibrio
das persoas.
·
Harmonizar e conxugar os espazos
de aparcamento coas zoas verdes, dotando dun maior número de prazas de
aparcamento aqueles centros en que sexa necesario, sen minimizar a presenza de
árbores, céspede...
·
Aproveitar a situación dos Campus
como eixes de mellora da nosa comunidade, converténdose en verdes, accesibles
favorecendo a súa configuración como puntos de reunión e encontro co conxunto
da sociedade, e ofrecendo unha visión amable, humana e saudable.
OBXECTIVO 3.
Proseguir COas medidas
de aForro enerXético XA iniciadas.
CompromisoS:
·
Implementar tecnoloxía domótica
como ferramenta de aforro enerxético xeneralizado.
·
Mellorar a xestión dos consumos de
auga e luz das instalacións.
·
Fixar obxectivos de consumo e
valoración periódica dos mesmos. Parte dos aforros conseguidos na factura
repercutirán no orzamento do centro que os xere.
·
Promover o cambio de instalacións
de gasóleo a gas natural naqueles centros en que non sexa posible o district heating renovable
OBXECTIVO 4.
MEDIDAS CARA A UN transporte
SOSTIBLE AOS CAMPUS.
CompromisoS:
·
Realizar unha análise do funcionamento
actual dos servizos de transporte aos Campus e estudar medidas para ampliar as
prestacións. Neste sentido, negociar cos concellos e as empresas de transporte
de viaxeiros a oferta de novas liñas e maiores frecuencias durante o período
lectivo.
·
Analizar a posibilidade de crear
un servizo de transporte interCampus.
·
Traballar a prol do establecemento
de novas liñas con concellos limítrofes aos Campus cos que actualmente non
dispoñen de liñas de transporte, e facer un estudo para detectar carencias nas
xa existentes, con vistas á súa mellora.
·
Promover a compartición de vehículos
particulares entre o alumnado, utilizando aplicacións propias desenvolvidas
pola Universidade de Vigo.
OBXECTIVO 5.
CONSIDERAR o uso de
MEDIOS DE TRANSPORTE SOSTIBLE dentro dos CAMPUS.
CompromisoS:
·
Facer un estudo dos hábitos e
posibilidades do uso da bicicleta eléctrica como medio de transporte da
comunidade universitaria no interior dos Campus.
·
Construír unha fotolineira en cada
Campus (punto de recarga de vehículos eléctricos con luz solar).
OBXECTIVO 6.
Crear zoNas concretas
nos Campus onde se PROPOÑAN novas ideas.
CompromisoS:
·
Crear zonas en cada un dos Campus
onde se implanten novas ideas no ámbito da sostibilidade, e relacionadas coas
liñas de investigación da universidade, como poden ser cilindros de microalgas,
árbores fotovoltaicas... Estes proxectos deben involucrar diversos ámbitos e
cumprir unha función de exemplo para a sociedade.
·
Fomentar a posterior extensión
destas experiencias aos concellos interesados, tanto para a súa implantación
nas cidades, como para o seu traslado ao rural.
OBXECTIVO 7.
MeLLorar nO índice das
Universidades Verdes GreenMetric Ranking
of World Universities.
CompromisoS:
·
Implementar e traballar na mellora
das medidas de sostibilidade ambiental e de redución de consumos, para mellorar
a posición da universidade no ranking
GreenMetric que valora as políticas
de sostibilidade ambiental dos centros de educación superior a nivel mundial.
·
Concienciar a comunidade universitaria
na defensa do clima con pequenas medidas que permitan a redución do consumo
eléctrico de luz, calefacción e aire acondicionado, co conseguinte aforro.
OBXECTIVO 8.
Incorporar a sostibilidadE
NA FORMACIÓN DA COMUNIDADE UNIVERSITARIA.
CompromisoS: