Servizos á comunidade universitaria
Obxectivo 1.
Configurar a
BibLioteca Universitaria como un Centro de Recursos para a Aprendizaxe e a
Investigación.
CompromisoS:
·
Promover a evolución da Biblioteca
Universitaria como un Centro de Recursos para a Aprendizaxe e a Investigación,
en liña coas tendencias actuais nas mellores universidades. Para iso,
encargarase ao persoal implicado un plan que defina a adecuada colaboración
entre os servizos propios da biblioteca e os relacionados coas TIC e as
técnicas audiovisuais orientadas á docencia e á investigación para dar soporte
integral ás actividades académicas.
·
Deseñar e manter un repositorio xeral
da Universidade de Vigo de recursos orientados tanto á docencia coma á investigación
que permita, entre outras cousas, aumentar a visibilidade dos traballos
realizados pola comunidade científica e o alumnado.
·
Aumentar o número de recursos e
coleccións dispoñibles mediante acordos coa Xunta de Galicia e o Estado español.
·
Proseguir co labor de formación da
comunidade universitaria para conseguir a mellor utilización dos recursos e
servizos dispoñibles ou que se oferten no futuro.
·
Proseguir coa adecuación dos
espazos e equipamento das diferentes bibliotecas para un mellor desempeño do
seu persoal e dispor de mellores contornos para o aprendizaxe.
·
Apoiar a Alcaldía na petición dunha
Biblioteca Pública nos edificios dos antigos xulgados de Vigo como pulmón de
espazos para os estudantes da universidade.
OBXECTIVO 2.
a UniversidadE como
Xerador E difusor da cultura.
CompromisoS:
·
Presentar a universidade como un
foco de formación, creación e difusión cultural.
·
Organizar actividades e
exposicións que difundan o que é a universidade estimulando a participación
institucional.
·
Configurar unha oferta cultural
específica para cada Campus.
·
Contribuír a difundir a imaxe da Universidade
de Vigo mediante tendas propias xestionadas polas delegacións de alumnado.
OBXECTIVO 3.
a UniversidadE como
entidadE saudable: deportes.
CompromisoS:
·
Estudar as necesidades no
referente a actividades deportivas para os distintos colectivos da universidade
co fin de deseñar unha oferta ampla e variada orientada a fomentar a práctica
deportiva e o benestar.
·
Mellorar as instalacións de uso
deportivo, incidindo no seu adecuado mantemento e ampliándoas se fose
necesario.
·
Fomentar a participación da
comunidade universitaria tanto nas actividades deportivas, como nas diversas
competicións tanto orientadas a deportistas de alto nivel, como a afeccionados
e a deportistas con discapacidade.
OBXECTIVO 4.
OS SERVIZOS
INFORMÁTICOS E DE COMUNICACiÓNS COMO ELEMENTO ESTRATÉXICO.
Compromisos:
·
Implantar un sistema de medición
do grao actual de implantación e uso dos diferentes servizos TIC da
Universidade de Vigo.
·
Definir un Plan de optimización
das TIC na universidade, que faga especial incidencia no aproveitamento do
potencial dos nosos servizos con vistas á implantación da administración
dixital e o soporte á innovación docente e a docencia virtual.
·
Implicar o persoal dos servizos na
definición de plans de formación en novas tecnoloxías orientados ao persoal
(PAS e PDI).
·
Optimizar e implantar novas
tecnoloxías na rede de comunicacións, mellorando os servizos de rede e de
xestión en liña e apostando pola implantación dun sistema de mellora continua.
OBXECTIVO 5.
Residencias e
comedores universitarios.
CompromisoS:
·
Estudar a adecuada atención, por
parte das residencias e dos comedores, ás necesidades de persoas con
necesidades específicas.
·
Integrar as residencias e os
comedores universitarios, como servizos esenciais xestionados en réxime de
concesión, na política de xestión da calidade da universidade.