Responsabilidade Social, Participación e Comunicación
OBXECTIVO 1.
DAR O SALTO CARA A UN
PLAN DE RESPONSABILIDADE SOCIAL DO SÉCULO XXI.
COMPROMISOS:
·
Considerar a RSU non como unha
moda máis, nin como unha presión social, senón como unha convicción. Porque só
así poderá a Universidade de Vigo recuperar unha confianza social que pouco a
pouco se lle escapa.
·
Avanzar cara a un cambio de
paradigma tan necesario: pasar dunha universidade intramuros cara a unha
universidade comprometida coa dinámica da nosa sociedade e con lograr
transformacións profundas nos futuros profesionais. Cos obxectivos de sostibilidade e
a participación incorporados ao noso ADN. Unhas actividades de RSU en
que basicamente se empreguen metodoloxías activas, participativas,
colaborativas e que utilizarán os principios básicos da economía circular.
·
Elaborar o Código Ético da
Universidade de Vigo, mediante un proceso de participación aberto á comunidade
universitaria e que permitirá establecer un debate sobre os nosos valores, o
seu peso real e a súa relevancia. O código ético non é unha norma xurídica,
senón unha compilación de normas e principios que teñen que orientar a
convivencia entre as diferentes persoas e colectivos da universidade. Así
mesmo, o código tamén orientará as relacións da universidade e o seu persoal
coas entidades e empresas externas que prestan servizos ou colaboran coa
universidade.
·
Crear una Comisión de Ética e
Responsabilidade Corporativa
·
Promover a cooperación e a
Responsabilidade Social como competencia transversal dos programas
formativos, de tal maneira que impregne o modelo pedagóxico.
Obxectivo 2.
Definir un PLAN INTEGRAL
de comunicación PARA A UNIVERSIDADE.
Compromisos:
·
Crear un Plan Integral de Comunicación
que defina as liñas estratéxicas para a divulgación e coñecemento de todas as
actividades e potencialidades da nosa universidade.
·
Dar a coñecer a universidade ao
exterior, difundindo e defendendo intereses propiamente universitarios.
·
Aproveitar as posibilidades que o
uso das redes sociais e as TIC proporcionan con vistas á adecuada conexión coas
novas xeracións de estudantes.
·
Establecer vías e canles de comunicación que
favorezan a colaboración entre a universidade e personalidades da cultura e a
sociedade galega, nos seus diferentes sectores profesionais, así como cos
diversos axentes económicos, sociais e culturais da nosa zona de influencia.
·
Analizar a eficacia e o custo das
accións comunicativas que se implementen e o nivel de coherencia institucional
das mensaxes lanzadas.
·
Formar o persoal responsable dos
perfís en redes sociais da universidade no traballo de community management e social
management.
·
Implantar un sistema de xestión de
crises de reputación nos medios sociais, para poder resolver con solvencia e
orientación as crises 2.0.
·
Implantar novas formas de fomento
da imaxe da Universidade de Vigo, como poden ser o intercambio de experiencias
artísticas, deportivas e musicais con outras universidades e centros de formación,
ou o patrocinio e mecenado deportivo.
·
Crear un servizo propio de
protocolo, aproveitando os recursos internos, para afrontar con éxito os actos
institucionais e eventos de relevancia académica.
Obxectivo 3.
Mecanismos efectivos e
PartiCIpAtivos para difundir a actividade E A IMAXE da Universidade.
Compromisos:
·
Comunicación con todos os grupos
de interese, establecer procesos dialóxicos para que a comunicación
sexa bidireccional.
·
Habilitar canles e ferramentas de
comunicación inclusivas e democráticas. Contar con plataformas
dixitais para a construción colectiva do proceso participativo institucional,
nas que estea dispoñible en aberto o material formativo e as diferentes
propostas que se vaian xestando, axeitadamente organizadas por temáticas, para
que poidan compartirse e ampliarse.
·
Manter o DUVI como mecanismo de
difusión da información de interese para a comunidade universitaria e a
sociedade, asegurando a súa independencia do goberno universitario.
·
Transmitirlle á sociedade que a
Universidade de Vigo é unha institución de prestixio en todas as facetas da súa
actividade (investigación, transferencia, calidade, innovación docente, xestión...)
e involucrar a cidadanía a través de actividades de divulgación e difusión:
Semana da Ciencia, Aulas Abertas, Concursos, Talleres, programas de Ciencia no
Rural, Museo Itinerante da Ciencia, Olimpíadas do Saber, Xornadas de
Orientación Vocacional...
·
Crear programas de axudas para a
difusión das actividades científicas enmarcadas nas celebracións anuais (Semana
da Ciencia, Día da Muller Traballadora, noite do persoal investigador,
conmemoracións dos anos internacionais proclamados pola Asemblea Xeral das
Nacións Unidas no campo da ciencia e da tecnoloxía).
·
Establecer un mecanismo de Premios
á difusión da investigación científica, tecnolóxica, xurídico-social, humanística
(Premios Marie Curie, Hedy Lamarr...).
·
Proxectar
as actividades de extensión universitaria xa sexan de carácter cultural,
deportivo, académico, voluntariado…, a fin de obter unha mellor imaxe pública.
·
Colaborar
na expansión do potencial creativo das persoas tituladas pola Universidade de
Vigo, con especial atención e promoción institucional das súas obras e
creacións artísticas.
·
Xerar marca coa creación dunha tenda
virtual e de tendas físicas nos Campus con material promocional coa identidade
corporativa integrada. Crear un mercado de troco a través dun foro que se
habilite nese espazo.
·
Celebrar
o día da Universidade de Vigo nas tres cidades onde están presentes os Campus
universitarios. Será unha xornada de portas abertas para toda a cidadanía que
permitirá promover a oferta académica, os traballos e as actividades que
conforman a vida universitaria.
·
Impulsar
unha participación máis activa e unha presenza máis visible nos Festivais de
Cine de Ourense, no Play-Doc de Tui e no Festival de Cans; colaborando así mesmo
con cineclubs de referencia na organización de ciclos e xornadas cinéfilas. Potenciar
a Mostra Internacional de Teatro Universitario (MITEU).
·
Organizar
actos oficiais como exposicións, actuacións teatrais, ciclos de cine, lecturas,
concertos co fin de promover a cultura e o idioma galego, así como os dos países
que teñan algunha relación estable coa Universidade de Vigo.
·
Intensificar
e mellorar a calidade das informacións compartidas cos medios de comunicación e
instaurar unha maior transparencia por parte do goberno da universidade á hora
de tratar cos periodistas.
Obxectivo 4.
COOPERACIÓN E comunicación
Ao serviZo dA comunidadE.
Compromisos:
·
Establecer convocatorias
abertas, non só á comunidade universitaria, para a presentación de
propostas e a participación no desenvolvemento cooperativo de proxectos.
·
Ofrecer aulas, en horario en que estean
libres, para o encontro de colectivos sociais.
·
Proxecto "Uvigo na
Rúa": ocupación consensuada do espazo público mediante a celebración das
clases e as actividades universitarias nos puntos máis emblemáticos das cidades
e a contorna, durante unha semana de cada curso.
·
Fomentar as prácticas sociais e o
voluntariado. Estimular as relacións e colaboracións con entidades,
institucións e ONG que formen parte do tecido social da contorna.
·
Apoiar a busca de financiamento
para proxectos universitarios de cooperación para o desenvolvemento.
·
Facer un seguimento do impacto
social da investigación realizada na nosa universidade.
·
Arroupar
e promover as festas patronais de cada centro.
·
Promover
e fomentar a reutilización, xunto coa educación ambiental na comunidade
universitaria e a sociedade mediante actividades formativas, xornadas
informativas e campañas de concienciación.
·
Axudar
a impulsar o Programa de Voluntariado e Cooperación Ambiental, con medidas de actuación
social destinadas á protección da contorna.
OBXECTIVO 5.
Creación de Material
COMUNICATIVO de calidade.
Compromisos:
·
Potenciar a elaboración de produción
cultural propia de calidade (documentais, exposicións, recuperación do
patrimonio artístico...).
·
Crear
contido propio para a UVigo Tv coa produción de pezas audiovisuais de
diferentes formatos máis aló de cubrir retransmisións en directo ou dar
cobertura a eventos universitarios, como poden ser web series o un programa
contedor con seccións específicas e periodicidade mensual.
·
Asumir de xeito centralizado o
traballo de deseño e creación de material publicitario das titulacións e
centros, de acordo con criterios uniformes de imaxe corporativa e contidos,
incluíndo os sitios web dos diferentes Campus, centros e departamentos.
·
Explicar de forma clara a
estrutura, organización e actividade da universidade. Crear unha sección na páxina
principal do portal web institucional en que estean dispoñibles materiais
divulgativos que expliquen de forma atractiva e clara as funcións e estrutura
da universidade (mapas interactivos, dicionarios interactivos sobre a
institución, sección "A universidade dos nenos e nenas", con material
descargable como xogos, curtametraxes, cómics, recursos para escolas e familias...).
·
Facer máis accesibles os datos do
portal de transparencia. Establecer relacións entre unidades de gasto e
servizos aos que estean destinadas as partidas orzamentarias. Crear un buscador
de datos, utilizar gráficos e ilustracións. Ofrecer a posibilidade de facer
comparativas etc.
OBXECTIVO 6.
Estratexia de
comunicación CO Alumnado ACTUAL OU FUTURO.
Compromisos:
·
Promoción no ámbito da educación
secundaria e o bacharelato de actividades orientadas a dar a coñecer as
titulacións e posibilidades da universidade. Neste mesmo sentido, incrementar a
presenza en feiras e salóns de estudantes. Apoiar os programas de vocacións
científicas da xuventude.
·
Mellorar o posicionamento da Universidade
de Vigo en banners e buscadores, e
crear unha campaña de promoción das titulacións baseada na xeolocalización en
redes sociais no período previo á matrícula.
·
Pór en marcha un Plan Especial de
Captación de Alumnado nacional e estranxeiro, para as titulacións oficiais e
ensinanzas propias a través de instrumentos como as redes sociais e a
comunicación alternativa.
·
Potenciar,
promover e visualizar a participación estudantil en eventos e proxectos da universidade,
actividades solidarias, voluntariados, programas europeos...
·
Fomentar
a apertura de medios de comunicación entre os estudantes, especialmente cos
seus representantes, para promover actividades das asociacións, informar do
traballo dos representantes estudantís...
OBXECTIVO 7.
Estratexia de comunicación
PARA A IGUALDADE de Oportunidades.
Compromisos:
·
Transmitir unha imaxe igualitaria,
plural e non estereotipada das mulleres e homes na comunidade universitaria.
·
Promover o coñecemento e a
difusión do principio de igualdade entre mulleres e homes mediante campañas
institucionais que inclúan a erradicación da violencia de xénero.
·
Definir estratexias para a
visualización da presenza da muller nos diversos ámbitos da vida académica.
·
Defender activamente o uso da
linguaxe en forma non sexista.
·
Establecer
un programa "Universidade e sociedade en feminino" co obxectivo
principal do reforzo do contacto da comunidade universitaria con asociacións de
mulleres externas á universidade.
·
Colocar cartelería informativa en
braille en todos os centros e instalacións, e subtitular toda a información
oficial da universidade.
·
Avanzar
na incorporación de intérpretes de signos nos actos oficiais da universidade,
tratando de promover a súa habilitación regular para estes eventos.
·
Realizar
campañas de sensibilización e eliminación de estereotipos en relación coas
persoas con discapacidade, en situación de dependencia e o colectivo LGBTI.
Obxectivo 8.
Avanzar PARa facer da
normalización lingüística unha realidade.
Compromisos:
·
Crear o Servizo de Normalización
Lingüística na Universidade de Vigo, tal como recollen os Estatutos en vigor.
·
Potenciar a formación no
coñecemento do galego establecendo cursos específicos orientados a diferentes
colectivos, ámbitos e niveis de coñecemento.
·
Establecer unha convocatoria específica
para a celebración de reunións, xornadas, encontros e outras actividades que
permitan o fomento e o intercambio de experiencias na normalización e uso da
lingua galega na docencia, a investigación e a xestión.
·
Crear un programa de edición de
publicacións e vocabularios de terminoloxía científica e tecnolóxica orientados
a servir de apoio á docencia nas diferentes titulacións.
·
Pór en marcha medidas para o
fomento do uso do galego na docencia e a investigación, en forma de axudas para
a tradución de material e para a realización de traballos nesta lingua por
parte do alumnado.
·
Orientar a estratexia
institucional de comunicación da universidade para utilizala como ferramenta básica
de fomento do uso do galego na universidade e na sociedade.
·
Establecer, dentro do Plan de
Internacionalización da Universidade, medidas efectivas para a proxección e
coñecemento do idioma galego no estranxeiro.
·
Aproveitar o potencial da nosa universidade
como institución en que a lingua propia é o galego para establecer como países
preferentes á hora de captar alumnado e establecer convenios os países de fala
portuguesa.