O Persoal Docente e Investigador
ObXeCtivo 1.
DEfinición dunHa
verdadeIra política dE RECURSOS HUMANOS en torno a unHa Planificación dO CADRO
de PDI.
COMPROMISOS:
·
Consideración dos procesos de
negociación colectiva real como mecanismo básico para a consecución de acordos
de consenso en todos os aspectos relacionados co PDI. Neste senso, promover a
creación, dentro das mesas de negociación, de comisións específicas para tratar
problemáticas propias dos diferentes colectivos.
· Definir unha política de persoal
plurianual baseada nuns criterios claros, obxectivos e estables no tempo, e que
estea fundamentada nos principios de igualdade, mérito e capacidade.
·
Elaborar unha Relación de Postos
de Traballo do PDI, que defina o Cadro Teórico de Persoal que a Universidade de
Vigo necesita cun horizonte temporal amplo e que permita, por tanto, definir as
necesidades de contratación e consolidación a medio prazo, o que constituirá,
por primeira vez en anos, unha verdadeira política de persoal.
·
Considerar para a definición do
Cadro Teórico de Persoal as necesidades asociadas
ás diferentes actividades que o persoal académico realiza: docencia, investigación,
transferencia, xestión e formación propia.
A base de cálculo será unha dedicación docente máxima de 240 horas e tamén se contemplará
unha folgura na capacidade docente dos departamentos, que podería ser dun 10%
para poder atender situacións sobrevidas, ou garantir dereitos do persoal, como
é o do ano sabático.
·
Elaborar un Plan Director do Cadro
de PDI que tomando como base uns criterios obxectivos, estables e consensuados,
as necesidades reflectidas no Cadro Teórico e as previsións de evolución dos
cadros de persoal actual (xubilacións, consolidacións previstas...), constitúa
a ferramenta básica para definir a oferta anual de prazas de contratación e
consolidación do persoal académico.
OBXECTIVO 2.
Definición dunHa carreIra
académica con criterios claros E estables de promoción.
Compromisos:
·
Considerar a promoción do profesorado
como un dereito individual e innegociable, tal como establece o Estatuto Básico
do Empregado Público,[1] que
se adquire no momento de obter a acreditación correspondente, aínda que a súa
execución efectiva dependa das normativas en vigor e dos orzamentos xerais da universidade.
·
Consensuar uns criterios, para que
sexan duradeiros no tempo, e que permitan exercer o dereito á promoción
seguindo unha listaxe baseada na data de acreditación, o que garantiría os
principios de obxectividade e transparencia que a lei esixe. Ademais permitirá
que todo o persoal poida facer unha estimación do tempo necesario para a saída
a concurso dunha determinada praza.
·
No caso concreto da bolsa de persoal
acreditado para os Corpos Docentes Universitarios (Titular e Catedrático)
existente na actualizade na Universidade, o noso compromiso é facer efectivo o
dereito á promoción do profesorado con vinculación permanente e a tempo completo
no menor prazo posible, sacando a concurso cada ano o máximo de prazas que
permita a lei segundo a data de acreditación ata completar o devandito proceso.
Así,
sobre a base da estimación de persoal acreditado actual para o corpo de
Catedráticos de Universidade, o noso compromiso é crear todas as prazas
necesarias para rematar coa bolsa de acreditados no ano 2020, sempre que as
restricións legais o permitan.
No
caso de acreditados para o corpo de Titulares de Universidade o noso compromiso
é o de negociar con firmeza ante a Xunta e o Goberno Estatal para que as taxas
de reposición non afecten a estas promocións, ao non supoñer un custo económico
adicional para a universidade.
·
No relativo ao PDI contratado, o
actual Regulamento de Profesorado xa establece unha carreira docente clara con
recoñecemento do dereito á promoción no momento de cumprir as condicións
necesarias, para o Profesorado Axudante Doutor. Cumpriremos, como non podía ser
doutra maneira, estes compromisos no menor prazo posible que a normativa
estatal e autonómica vixente en cada momento o permitan.
OBXECTIVO 3.
Captación E retención
de talento CON VISTAS Á SÚA INCORPORACIóN Á CARREIRA ACADÉMICA.
Compromisos:
·
Establecer programas centralizados
e incluír dentro dos contratos-programa cos centros e departamentos mecanismos para
a planificación adecuada da captación, incorporación e formación do novo
persoal, tendo en conta as peculiaridades e posibles dificultades de captación de
cada ámbito. Neste senso, definir unha estratexia de participación da universidade
nos programas de formación e incorporación de persoal investigador da Xunta de
Galicia e outras administracións, para captar persoal nas áreas e ámbitos máis
deficitarios ou ben con dificultades para captar persoal formado.
·
Elaborar un Plan de Promoción de
Profesoras/es Asociadas/os ás figuras de profesorado consolidables, similar ao
que xa existe noutras universidades, especificamente dirixido a Profesoras/es Asociadas/os
con contrato en vigor, que obtivesen a acreditación correspondente e que teñan
unha experiencia docente e investigadora recoñecida na Universidade de Vigo. Neste
plan convocaranse prazas con base nunha listaxe de prelación definida seguindo
os criterios que estableza o Plan Director dos Cadros de PDI.
·
Elaborar un Plan de Promoción de Persoal
Investigador Destacado/Distinguido ás figuras de profesorado consolidables, para
quen obtivese a acreditación correspondente e quen teña unha experiencia
investigadora de especial relevancia, sobre a base de criterios obxectivos
definidos, e que poderán ser distintos para cada ámbito.
·
Negociar coa Xunta de Galicia o
financiamento de plans de contratación para o persoal que remata os seus
contratos ao abeiro de programas de incorporación ou formación de persoal
investigador e que obteñan a acreditación ou avaliación positiva
correspondente. As figuras que se utilizarán serán ou ben de Profesorado
Axudante Doutor ou ben figuras de investigador/a creadas ao abeiro da Ley de la Ciencia, la Tecnología y la
Innovación.[2]
OBXECTIVO 4.
redefiniCIÓN dos
criterios de cálculo dA Dedicación E dA asignacion docente.
Compromisos:
· Limitar no primeiro POD que
fagamos a capacidade docente do PDI a un máximo de 280 horas, mantendo ao mesmo
tempo as dedicacións actuais para o resto do profesorado.
·
Igualar as condicións do corpo de
Catedráticos no referente á dedicación ás do Profesorado Titular. Non atopamos
sentido a que nas mesmas condicións (número de sexenios) unha/un catedrática/o se
vexa prexudicada/o polo mero feito de selo.
·
Establecer un límite, que
negociaremos e definiremos nunha próxima normativa de POD, ao número máximo de
materias que impartirá o persoal docente nun cuadrimestre, salvo para aquel que
o solicite expresamente.
·
Establecer uns criterios claros,
estables e obxectivos para o cálculo da dedicación docente anual do PDI, que considerarán
todas as actividades docentes (grao, mestrado, doutoramento, practicum, TFG,
TFM) adecuadamente dimensionadas.
Esta
dedicación docente, en todo caso, englobarase dentro duns criterios máis xerais
que terán en conta a globalidade das actividades realizadas polo PDI: docencia,
investigación, transferencia, xestión e formación propia, e que supoñerán unha
reformulación das actuais normativas de recoñecementos en POD a partir dun
catálogo completo de actividades realizadas polo profesorado.
·
Considerar todas as actividades
docentes (dirección de TFG, TFM, atención de materias en extinción, prácticas
en empresa…) como actividades docentes ordinarias que formarán parte do POD que
anualmente se encargue aos departamentos.
·
Establecer uns criterios comúns de
asignación da docencia ao profesorado por parte dos departamentos co fin de
tentar minimizar a conflitividade habitual asociada a este proceso.
·
Facer publicamente accesible a
través da páxina web da universidade toda a información sobre os POD, como
parte da nosa aposta pola transparencia.
OBXECTIVO 5.
AvalIación da
actividadE do pdi OrientadA Á excelencia.
Compromisos:
·
Establecer mecanismos de
avaliación global da actividade do PDI (docencia, investigación, transferencia,
formación propia e xestión).
· No referente á avaliación da actividade docente, entendemos que esta
debe xirar en torno ao programa Docentia, malia considerarmos necesario cambiar
o enfoque que a Universidade de Vigo está tomando no referente á súa
implantación. Así, non a utilizaremos máis como ferramenta de avaliación no seu
formato actual, e acometeremos una simplificación profunda, pero, por riba de todo, un
cambio de filosofía, presupoñendo por defecto a competencia e o cumprimento
docente do PDI.
OBXECTIVO 6.
establecer polÍticas
efectivas de Formación do pdi.
Compromisos:
·
Definir un modelo de formación do
PDI que permita planificar as actividades formativas con vistas á consecución
de obxectivos institucionais, como poden ser a mellora no desempeño, tanto a
nivel colectivo como sectorial e individual. A formación do profesorado non
pode deixarse nas mans do voluntarismo persoal á hora de definir a oferta.
·
Integrar nas políticas de
formación do PDI accións específicas orientadas a atender as necesidades
formativas específicas identificadas polos centros e departamentos.
·
Ter en conta os resultados obtidos
nas diferentes actividades e programas referentes á calidade implantados na universidade
á hora de definir a oferta formativa, e avanzar na idea de que as políticas de
calidade deben ser un medio na procura da excelencia e non un fin en si mesmas.
·
Definir políticas específicas orientadas
á formación inicial do PDI durante a súa etapa de incorporación á universidade.
·
Considerar a formación propia do
PDI unha actividade académica ordinaria e, polo tanto, computala e avaliala
como calquera outra.
·
Mellorar na formación do PDI en
liderado, xestión das persoas e equipos directivos, xa que os equipos
directivos dos centros, departamentos e outras unidades de investigación carecen
desta formación interdisciplinaria necesaria para o bo desenvolvemento do seu
cometido. Poñeremos en marcha un programa formativo modular adaptado a cada
perfil de liderado e que aproveitará o potencial formativo neste eido da nosa universidade.
·
Avanzar na planificación dos
cadros de persoal cara á situación en que todo o PDI a tempo completo vexa garantida
a posibilidade de ter un ano sabático, como un elemento máis da nosa concepción
da formación como parte esencial da actividade do profesorado. Mentres isto non
sexa posible, modificar os criterios de concesión de sabáticos, para que sexa
un factor esencial o plan de actividades previsto.
OBXECTIVO 7.
meLLoraR as CondiciÓns
de trabaLLo do pdi como mecanismo para recuperar a motivación.
Compromisos:
·
Por unha razón de xustiza, comezar a pagar, desde
a paga extra de xuño de 2018, o complemento específico íntegro, incluíndo
quinquenios e cargo académico, tal como fan o 73% das universidades españolas.
·
Crear
o Centro de Atención ao PDI, como punto único de
referencia de trámites administrativos, dentro do proceso de modernización e
simplificación dos procedementos.
ObXeCtivo 8.
BENESTAR E Calidade de
Vida.
Compromisos:
· Mellorar a dotación dos programas de Acción Social, e negociar a
posibilidade de incorporar novas prestacións.
· Mellorar as condicións de atención sanitaria da comunidade
universitaria con, entre outras, as seguintes medidas: procura de presenza de
persoal sanitario de forma permanente nos Campus, cobertura cun seguro médico
axeitado das posibles incidencias en viaxes ao estranxeiro, ou facer dos Campus
espazos cardioprotexidos.
·
Implantar programas efectivos de
promoción de vida saudable e de vixilancia da saúde.