O Persoal de Administración e Servizos
ObXectivo 1.
a política de persoal basEarASE
na planificación, a negociación E A BUSCA DO CONSENSO.
CompromisoS:
·
Consideración dos procesos de
negociación colectiva real como mecanismos básicos para a consecución de
acordos de consenso en todos os aspectos relacionados co PAS. Neste senso,
promover a creación, dentro das mesas de negociación, de comisións específicas
para tratar problemáticas propias dos diferentes colectivos.
·
Planificar as necesidades de
persoal a curto e medio prazo, co fin de poder definir unha política de persoal
plurianual baseada nuns criterios claros, obxectivos e estables no tempo, e que
estea fundamentada nos principios de igualdade, mérito e capacidade.
·
Aprobación anual de revisións da Relación
de Postos de Traballo co fin de corrixir desaxustes e cubrir as novas
necesidades de postos de traballo que poidan xurdir como consecuencia do plan
de dixitalización da administración, novos procesos...
·
Establecer sistemas que permitan
coñecer os niveis de satisfacción do persoal no referido ao ambiente laboral,
traballo ou xestión dos recursos humanos, como medio de diagnóstico para guiar
as políticas de persoal cara á mellora dos procesos e das condicións laborais.
Obxectivo 2.
Plan de promoción
integral para o persoal funcionario e laboral.
Compromisos:
·
Tanto para o persoal laboral como
funcionario: Establecer un modelo de carreira horizontal que permita
incrementos retributivos sen ter que cambiar de posto ou destino.
·
Establecer un modelo de promoción
vertical que considere tanto os cambios de escala como os de grupo profesional.
·
Estudar, nun prazo máximo dun ano,
a funcionarización do persoal laboral, ou ben o establecemento dun modelo de
promoción cruzada entre o persoal laboral e o funcionario.
·
Evitar a precariedade e a falta de
estabilidade no emprego do persoal temporal, tanto laboral como funcionario.
ObXeCtivo 3.
Establecemento de
criterios negociados, claros e estables no referente a MoBilidadE E traslados.
Compromisos:
·
Revisar e renegociar, naqueles
casos que se considere necesario, as normas existentes sobre comisións de
servizo, substitucións, mobilidade..., co fin de dotar o persoal dunhas normas
estables, consensuadas e transparentes nestes aspectos.
·
Promover a mobilidade nacional e
internacional do PAS con fins de formación, buscando as fontes de financiamento
axeitadas para conseguilo.
·
Procurarase convocar dous
concursos de mobilidade ao ano en función das necesidades existentes.
·
Negociar a posibilidade de
establecer un tempo mínimo de permanencia nun posto de traballo antes de poder
solicitar un novo traslado.
ObXeCtivo 4.
APROVEITAMENTO DO
POTENCIAL DO PAS.
Compromisos:
·
Contar co PAS da Universidade de
Vigo para a asunción de cargos unipersoais de dirección, xa que dispón da
cualificación e experiencia necesarias para asumir estas tarefas.
·
Incentivar a proposta de medidas
de mellora e de novos mecanismos de xestión por parte do PAS.
·
Promover que o PAS poida
participar na xestión de contratos e proxectos de investigación e
transferencia, recibindo unha remuneración se a convocatoria correspondente o
permitir.
ObXeCtivo 5.
APOSTA clara pola
formación.
Compromisos:
·
Pór en marcha mecanismos efectivos
para identificar as necesidades formativas do PAS e proporlle á comisión de
formación accións formativas orientadas a atender estas necesidades, a unha
maior profesionalización e á promoción profesional.
·
Avaliar de xeito efectivo os
resultados das actividades formativas levadas a cabo con vistas a establecer
mecanismos de mellora continua das mesmas.
·
Deseñar un Plan de Formación Inicial,
enfocado a cubrir as necesidades formativas que cada persoa necesita ao ocupar
un novo posto de traballo.
·
Negociar un conxunto de
actividades de formación orientadas á actualización de coñecementos no
referente a novas tecnoloxías e administración electrónica.
·
Medidas efectivas para que todo o
PAS poida asistir durante o seu horario laboral ás actividades de formación
necesarias para a realización do seu traballo. Neste sentido farase unha clara aposta polas metodoloxías
de formación virtual. En todo caso compensaranse
todas as horas de formación presencial realizadas fóra do horario de traballo.
ObXeCtivo 6.
meLLoraR as CondiciÓns
de trabaLLo do pAS como mecanismo para recuperar a motivación.
Compromisos:
·
Analizar o estado das diferentes
áreas e servizos no referente á idade do persoal, co fin de dotar de postos de
apoio aquelas unidades cunha porcentaxe elevada de persoal con idade próxima á
de xubilación.
·
Implementar de maneira paulatina
os Períodos sen Interrupción na xornada de traballo. Nestes períodos o persoal
poderá concentrarse en determinadas tarefas do seu traballo xa que non se
programarán reunións, non se poderá ser interrompido nin presencial nin telefonicamente,
e evitarase calquera outra forma de interrupción.
·
Avanzar nas posibilidades de
flexibilización horaria da xornada laboral, así como na implantación do
teletraballo, aproveitando as posibilidades que a lei permite.
ObXeCtivo 7.
BENESTAR E Calidade de
Vida.
Compromisos:
·
Mellorar a dotación dos programas
de Acción Social e negociar a posibilidade de incorporar novas prestacións.
·
Mellorar as condicións de atención
sanitaria da comunidade universitaria con, entre outras, as seguintes medidas: a
procura de presenza de persoal sanitario de forma permanente nos Campus, cobertura
cun seguro médico axeitado das posibles incidencias en viaxes ao estranxeiro ou
facer dos Campus espazos cardioprotexidos.
·
Implantar programas integrais e efectivos
de promoción de vida saudable e de vixilancia da saúde.