Saltar ao contido principal

O galego, a lingua propia da Universidade de Vigo

☝Aínda que somos conscientes dalgúns avances (ofertamos tres titulacións que se imparten maioritariamente en galego, ademais daquelas que xa o facían pola súa propia natureza, no ámbito da filoloxía, e temos en marcha un plan piloto de impulso á docencia en galego), pensamos que é preciso seguir dando pasos decididos para que a nosa lingua acade o lugar que lle corresponde. Para elo, impulsaremos, trala finalización do piloto actual, un novo plan de pulo ó galego nas aulas. Así, incluiremos nos orzamentos axudas para as titulacións que incrementen a porcentaxe de docencia en galego. E, mediante a negociación coa representación sindical, esperamos facer unha mellor oferta formativa para docentes, así como un recoñecemento adecuado da docencia na nosa lingua.

A  nova vicerreitoría específica de Extensión Universitaria terá como un dos seus obxectivos esenciais intensificar o noso esforzo na promoción e universalización da cultura galega.

Comentarios