Saltar ao contido principal

Natalia Caparrini Marín


Licenciada en Ciencias Xeolóxicas pola Universidad Complutense de Madrid e doutora pola Universidad Politécnica de Madrid, é desde 2008 contratada doutora na Universidade de Vigo.
 
Docente universitaria na Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía no Departamento de Enxeñaría dos Recursos Naturais e Medio Ambiente, impartiu diversas materias en titulacións (Enxeñaría de Minas), en graos (Enxeñaría da Enerxía e en Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos) e en mestrados de perfil investigador e profesionalizante (mestrado en Tecnoloxía Ambiental, mestrado  en Valoración, Xestión e Protección do Patrimonio Cultural, mestrado en Enxeñaría de Minas).
 
Forma parte do grupo de investigación Xeotecnoloxías Aplicadas, recoñecido como grupo de referencia e competitividade. É coautora de máis de 20 publicacións e participa en máis de 30 contratos con empresas e proxectos de investigación. Dirixiu máis de 40 TFM/TFG/PFC e unha Tesis Doctoral.
 
Desempeñou diversos cargos de xestión: Directora, secretaria, subdirectora de Organización Académica e coordinadora de Calidade da Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía, coordinadora do Grao en Enxeñaría da Enerxía, do Grao en Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos e do Mestrado en Tecnoloxías para a Protección do Patrimonio Cultural Inmoble e Vicerreitora de Captación de Alumnado, estudantes e Extensión Universitaria.

Comentarios