Saltar ao contido principal

Mónica Valderrama Santomé


Mónica Valderrama Santomé, profesora do departamento de Comunicación Audiovisual e Publicidade (X14). Licenciada en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela (1996), Licenciada en Publicidade e RR.PP. pola Universidade de Vigo (1998), Doutora en Publicidade e RR.PP. pola Universidade de Vigo (2003) e Premio Extraordinario Doutoramento. 

Experiencia profesional en diferentes medios de comunicación galegos de prensa escrita e colaboradora da revista Extradixital. Entre as publicacións científicas, participacións en congresos, comités de redacción, revisión, coordinación de manuais, maquetación e conferencias desenvolvidas o longo destes anos salientamos os monográficos: Discursos comunicativos persuasivos hoy, Tecnos, 2018; Comunicación actual: redes sociais e o 2.0 e 3.0?. 1, Edicións Universitarias McGraw-Hill, 2014 e o libro A publicidade televisiva en Galicia. Análise dous emisores, soportes e tendencias creativas (1960-2000), CGAI, 2008. 
Directora de tres teses doutorais e preto dun centenar de proxectos fin de carreira (licenciatura) e grao. Realizou estancias en centros estranxeiros nas universidades de Anahuac (campus Xalapa e Cancún, 2007 e 2009), PUC-Minas Gerais (2000), Colima (2001 e 2002), Lumsa (Roma, 2010, 11 e 12), Polonia (Wroclaw, 2015) e Campobasso (2013 e 2017). Obtención de sexenio de investigación en 2016. 

Cargos de xestión: vicedecana de Calidade da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación, coordinadora do grao de Comunicación Audiovisual e actualmente dirixe o máster de Dirección de Arte Publicitaria. 

Pertence ao grupo de innovación docente ComTecArt dirixido polo profesor Antonio Pino de Enxeñaría das Tecnoloxías de Telecomunicacións e imparte diferentes materias dos títulos vencellados a comunicación e en producción publicitaria en medios audiovisuais dende o ano 2000. E é membro do grupo de investigación CP2 da Facultade de CC. Sociais e da Comunicación.

Liñas de investigación: medios virtuais, comunicación alternativa, tendencias creativas en medios audiovisuais emerxentes, evolución da produción publicitaria, novos formatos publicitarios audiovisuais, identidades televisivas, e novas tecnoloxías aplicadas á comunicación organizacional.



Comentarios