Saltar ao contido principal

Miguel Michinel


Miguel-Ángel Michinel Álvarez é doutor en Dereito pola USC dende 1995, obtendo en 1996 o premio internacional “José de Yanguas” á mellor tese de doutoramento en Dereito internacional privado, área que coordina nos Campus de Ourense e Vigo a partir do ano 1994. Profesor titular desde 1999, está acreditado a cátedra desde febreiro de 2012.
IP de diversos proxectos de investigación no ámbito rexional e nacional, publicou máis de cincuenta artigos e capítulos de libro, así como sete monografías, a última editada en coautoría na Universidad de Columbia (USA) co patrocinio da Fundación Ford, en formato bilingüe (inglés/español) a finais do 2017. Está especializado na litigación internacional, arbitraxe de inversións estranxeiras e o Dereito de autor internacional, entre outros campos. Fixo diversas estadías de investigación: no Max-Planck-Institut de Múnich (Alemaña); no Instituto de Dereito comparado da mesma cidade; na Freie-Universität de Berlín; na Université Panthèon-Assas Paris II (Francia); e na Western Australia University (Perth). Tamén desenvolvíu estadías docentes na Universidade de Holguín (Cuba), da que é profesor invitado.
Foi Decano da Facultade de Dereito no Campus de Ourense entre os anos 2009 e 2012 e vicedecano en dúas ocasións (unha, na actualidade). É árbitro da Corte de Arbitraxe da Cámara de Comercio Hispano-Portuguesa. Así mesmo, dirixíu unha cátedra Jean Monnet sobre cooperación xurídica internacional na Universidad de de Vigo.