Saltar ao contido principal

Maribel del Pozo Triviño

 


Licenciada en Filoloxía Hispánica pola National University of Ireland (homologado polo MEC) e Licenciada e Doutora en Tradución e Interpretación pola Universidade de Vigo. É tradutora-intérprete xurada cunha longa traxectoria profesional no ensino de linguas e na tradución e interpretación. 
Na actualidade é profesora contratada doutora na Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo e foi Vicedecana de Relacións Internacionais do 2015 ao 2020. 

Imparte docencia de grao e posgrao, tanto en España como no estranxeiro (UAB, UAH, UJI, UPC, UGhent, etc.). Dirixe o Grupo de Innovación Docente «LINKTERPRETING. Enseñar desde os dereitos humanos» e é a coordinadora do portal LINKTERPRETING, empregado en todo o mundo para o ensino e o (auto)aprendizaxe da interpretación. Dirixe varias teses de doutoramento e numerosos TFG e TFM, tanto na Univesidad de Vigo como noutras univesidades españolas e estranxeiras.

Ten 2 sexenios de investigación e 1 de transferencia e conta con numerosas publicacións sobre tradución xurídica, interpretación nos servizos públicos, igualdade e violencia de xénero. 
Dirixiu varios proxectos, tanto europeos (SOS-VICS) como de cooperación ao desenvolvemento (MELINCO) e, na actualidade, é coordinadora na Universidade de Vigo do proxecto europeo JUSTISIGNS2, centrado na interpretación de linguas orais e de signos en contextos de violencia de xénero, e participa no proxecto WORLDPLACES que ten como obxectivo deseñar ferramentas para a integración laboral de mulleres migrantes. 

Asimesmo, no contexto da súa actividade investigadora, realizou diversas estancias de investigación en Canadá, Portugal, Bélxica, Australia, etc., ten asistido a numerosos congresos internacionais e participado noutros como keynote speaker. Tamén ten ampla experiencia na organización de eventos académicos internacionais.

É representante da Universidade de Vigo e membro da Xunta Directiva da Asociación de Universidades del Estado Español con Titulaciones Oficiales en Traducción e Interpretación (AUnETI) e asesora do Ministerio de Xustiza na elaboración das leis que garanten os dereitos lingüísticos das persoas estranxeiras, incluídos os colectivos potencialmente vulnerables como os de persoas migrantes, refuxiadas e vítimas de violencia de xénero e trata con fins de explotación sexual. Colabora con diversas entidades sociais para mellorar a comunicación con persoas con barreiras lingüísticas e culturais.

Tanto na súa docencia como na súa investigación aplica a perspectiva de xénero e de dereitos humanos e, na actualidade, é Enlace de Igualdade no seu centro.


Comentarios