María Isabel Doval Ruiz é titular de
Universidade e directora do departamento de Didáctica, Organización Escolar e
Métodos de Investigación. Foi subdirectora Xeral de Universidades da Xunta de
Galicia durante o goberno de Emilio Pérez Touriño, membro do Comité Técnico da
ACSUG e vogal do CONGACODE (Consello Galego de Cooperación para o
Desenvolvemento). Tamén participou coma membro da Mesa do Claustro da Universidade de Vigo e
do Consello de Campus de Ourense, así como secretaria do seu Departamento.
Imparte materias
relacionadas coas novas tecnoloxías aplicadas á educación nos graos de
Educación Infantil e Educación Social da Facultade de CC da Educación (Ourense)
e tamén da clases no master de Formación do Profesorado de Secundaria. Participa anualmente como avaliadora de proxectos europeos, e no programa H2020 ten sido tamén vice-chair. Con experiencia na organización de Ferias
interuniversitarias, congresos internacionais sobre TIC e ensino e sobre Practicum
e prácticas na Universidade e na empresa. Dirixiu tamén varios seminarios e accións
formativas sobre igualdade de xénero e inclusión educativa e social. Participou en 5 proxectos nacionais de investigación e noutros tantos europeos e foi profesora
visitante en varias universidades europeas, de Kirguistán e en Marrocos. Nos
últimos anos está interesada especialmente no estudo e divulgación de métodos e
enfoques da investigación participativa.
Actualmente participa nun proxecto Jean
Monnet sobre deseño de programas e recursos educativos sobre Cultura Europea e
en dous proxectos (Erasmus+ Capacity Building e Twinning) para a modernización
das universidades de Marrocos no seu achegamento ao EEES.
Comentarios
Publicar un comentario