Maria Consuelo Pérez Vázquez
Maria Consuelo Pérez Vázquez é profesora contratada doutora no departamento de Enxeñaría dos Materiais, Mecánica Aplicada e Construcción na EEI da Universidade de Vigo. É licenciada en Ciencias Químicas pola Universidade de Santiago de Compostela e doutora en Ciencias Químicas pola Universidade de Vigo, acadando a “Mención de Doutoramento Europeo".
A sua investigación está centrada no campo da electroquímica e a sua aplicación á industria. As liñas de traballo que desenrrola na actualidade son: a protección contra a corrosión de diferentes aliaxes metálicas, a pasividade dos aceiros no formigón e o reforzamento de aliaxes metálicas lixeiras. Antes de incorporarse coma profesora a Universidade de Vigo, realizou varias estancias de investigación, tanto en centros nacionais coma internacionais : INETI (Lisboa, Portugal), CNRS –LPLE ( Paris, Francia), Politécnico di Milano (Milano, Italia), IETCC (Madrid, España), Instituto Rocasolano (Madrid, España) e na FEUP ( Oporto, Portugal).
Como investigadora participou en 13 proxectos de investigación obtidos en concorrencia competitiva (internacionais, nacionais e autonómicos) e en 14 proxectos con empresas. Ten publicados mais de 50 artigos e presentado mais de 100 ponencias a Congresos, tanto internacionais como nacionais, o que lle permitiu acadar 3 sexenios de investigación. Respecto a sua actividade docente, impartiu docencia universitaria en todos os niveis, sendo esta recoñecida con 4 quinquenios docentes.