Saltar ao contido principal

Manuel Ramos Cabrer


Enxeñeiro de Telecomunicación pola Universidade Politécnica de Madrid e doutor en Enxeñaría Telemática pola Universidade de Vigo. Incorporouse á Universidade de Vigo en 1991, onde ocupa unha praza de catedrático de universidade desde 2021. Forma parte do Grupo de Servizos para a Sociedade da Información e do centro de investigación atlanTTic. É autor de 54 artigos en revistas indexadas, 12 capítulos en libros e máis de 80 comunicacións en congresos de ámbito internacional.

Participou ou está a participar en 40 proxectos de investigación financiados en diversas convocatorias competitivas e en 49 contratos de transferencia e cursos con empresas. Obtivo 5 quinquenios docentes, 4 sexenios de investigación e 1 sexenio de transferencia de coñecemento.

No referente á xestión, desempeñou o cargo de adxunto ao vicerreitor de Investigación como director do Servizo de Telecomunicacións, director do Departamento de Enxeñaría Telemática e foi coordinador do programa de doutoramento e do máster oficial deste departamento. Foi membro do Claustro Universitario, da Mesa do Claustro, do Consello de Goberno e da COAP durante 16 anos e foi 8 anos representante sindical do profesorado funcionario na Xunta de PDI da universidade. Desde 2018 é Vicerreitor de Ordenación Académica e Profesorado.

Comentarios