José María Martín Moreno


Profesor Titular de Universidade dende o ano 2000 e director do Departamento de Fundamentos da Análise Económica e Historia e Institucións Económicas na Universidade de Vigo dende o ano 2017. Foi Secretario do Dpto. de Fundamentos da Análise Económica así como Secretario Académico e Decano da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais.

A súa carreira profesional estivo centrada no sector público e privado, con institucións relacionadas con realidades e actividades do mundo económico-empresarial. Tanto no sector público como privado realizou actividades de Control e Xestión de proxectos, Relacións Institucionais e Liderado de equipos. Ten ampla experiencia en xestión ocupando postos de gran responsabilidade e traballando baixo presión. 

É membro de Rede, un grupo de investigación consolidado que analiza aspectos relacionados coa innovación, enerxía, economía e medio ambiente, de ECOBAS- Economics and Business Administration for Society- así como tamén é membro da Rede Alumni  Microeconomics of Competitiveness da Universidade de Harvard.

O seu traballo foi publicado en revistas indexadas tanto nacionais como internacionais de recoñecido prestixio e regularmente participa en conferencias, seminarios e workshops. 

Tamén participou e foi director de proxectos de investigación e consultoria no sector público e privado e realizou estancias en Organismos e Universidades Nacionais e Internacionais (KAPSARC, Minessota, Urbino, Florencia, Complutense e ICAE). 

Foi profesor e o responsable de Relacións Institucionais do Master en Economía, Mercados Financeiros e Empresa (MEFE). Tamén profesor no Master en Economía e no de Economía para non Economistas

Foi Director Xeneral da Fundación Galega para a Sociedade do Coñecemento.
Director do Sistema de Vixilancia Competitiva do Cluster do Granito de Galicia, asesor do Centro Tecnolóxico do Granito, Colaborador-Asistente de Investigación do IGAPE, da Secretaria Xeral de Análise e Previsión da Xunta de Galicia e de SACE consultores.

É profesor de Macroeconomía no Dpto. de Fundamentos da Análise Económica, así como tamén é profesor homologado na Escola de Organización Industrial de Madrid (EOI) participando como Director de Coñecemento en servizos de Consultoria do programa de Consolidación de PEMES do Fondo Social Europeo.

Publicacións populares deste blog

Grazas UVigo

Xuntanza 2025

#QuendaAberta