Saltar ao contido principal

José Luis Míguez Tabarés


É Catedrático da Escola de Enxeñería Industrial (2007 habilitación nacional), Enxeñeiro Industrial desde 1987 (USC) e Doutor Enxeñeiro Industrial en 1996 pola Universidade de Vigo. 
A súa experiencia profesional (6 anos) iníciase en empresas de prefabricados de formigón e do sector auxiliar de automoción, comezando a súa carreira docente na Universidade de Vigo en decembro de 1992 como Profesor de Termotecnia e posteriormente en diversas materias da área de Máquinas e Motores Térmicos. Ten recoñecidos cinco quinquenios ademais doutros tantos sexenios que avalan a súa actividade investigadora (incluíndo un de transferencia). É coordinador do grupo de Tecnoloxía Enerxética ( GTE), considerado de referencia competitiva pola Xunta de Galicia desde ou inicio desta convocatoria coas súas consecuentes renovacións.
As súas actividades de investigación inclúen a participación en máis de quince proxectos de Investigación internacionais (principalmente de Programas da Comisión Europea, H2020, Intelligent Energy Europe, Altener, Interreg, POCTEP) e máis de 60 proxectos con empresas ou entidades públicas, en convocatorias altamente competitivas ( CENIT, Fondo Tecnolóxico- CDTI, Proxectos singulares, Interconecta, Conecta- Peme etc.) de elevada contía, así como numerosos contratos con empresas mediante o artigo 83 da LOU. Asemesmo, dirixiu proxectos en convocatorias competitivas de investigación ( MCYT, MICINN, Plan Nacional de Investigación, Xunta de Galicia etc.).
Publicou como coautor, 104 artigos en revistas de alto impacto (JCR) h-29, das cales son publicacións do primeiro  cuartil ( Q1) = 66 (63,5%) e publicacións do segundo  cuartil ( Q2) = 23 (22,1%). Ha codirigido 14 teses doutorais e dirixido  máis de 100  PFC/ TFG/ TFM.  Tamén é coautor de 7 libros. Dispón da coautoría de 7 patentes de invención sendo 3 de ámbito internacional ( WO mundial,  EUA e Europea). Ademáis de 3 rexistros de software.
Foi colaborador dá Axencia Estatal de Investigación, Ministerio de Economía, Industria e Competitividade, reponsabilidade proxectos área ENERXÍA, desde o 20 de xuño do 2016 ata xuño 2018. Colaborador da Subdirección Xeral da Axencia Nacional de Avaliación e Prospectiva (ANEP), Área científica de Enxeñería Mecánica, naval e aeronáutica (IME). Responsabilidade: Proxectos ENERXÍA, desde 2011 ata o 19 de xuño de 2016. Adxunto-xestor Axencia Nacional de Avaliación e Prospectiva ( ANEP) na área de Transferencia Tecnolóxica ano 2007. Xestor de I+D+i do Programa DPI/ DPA (Deseño e Produción Industrial/Automoción) Consellería de Innovación, Industria e Comercio, Xunta de Galicia, desde agosto de 2006 -1/1/2014.  Ademais, pertenceu (2005-2013) a diferentes comités de normalización de  AENOR ( CTN164,  CTN124,  CTN301).
Foi impulsor e coordinador principal do máster Interuniversitario de Enxeñería Térmica (cando era requisito de acceso ao doutoramento) xunto coas universidades do País Vasco e Burgos e coordinador do máster en Prevención de Riscos Laborais. Participou como coordinador da Universidade de Vigo no programa de doutoramento de Eficiencia Enerxética e Sustentabilidade en Enxeñería e Arquitectura xunto coas universidades do País Vasco e Burgos ata 2018, Tamén foi coordinador de diferentes cursos sobre temas enerxéticos.
Ocupou diferentes cargos de xestión académica na universidade: Director da área de Novos Proxectos, dependente do Vicerreitorado de Planificación da Universidade de Vigo desde setembro do 2006 ata xullo 2010. Director da área de Innovación e Desenvolvemento, dependente do Vicerreitorado de Innovación e Calidade da Universidade de Vigo desde outubro do 2005 ata setembro de 2006. Secretario Executivo da Fundación Universidade de Vigo desde outubro 2005 ata outubro 2010. Delegado do reitor da Universidade de Vigo no Centro Universitario da Defensa, Academia Naval Militar de Marín desde o 2012 ata xuño 2018.
Desde esta data é vicerreitor de Planificación e Sostibilidade da Universidade de Vigo.

Comentarios