Saltar ao contido principal

Jorge Soto Carballo


Jorge Soto Carballo é Doutor en Ciencias da Educación, Licenciado con Grao Filosofía e Ciencias da Educación e Diplomado en Maxisterio. É autor de obras (libros, artigos, relatorios, etc.) de carácter nacional e internacional sobre temática educativa. Foi investigador en diferentes institucións nacionais e internacionais. Participou en congresos, xornadas, seminarios, conferencias sobre o seu ámbito de estudo. É Posgrao pola Universidade de Murcia sobre Educación e Formación a distancia a través de Redes Dixitais: recursos e servizos de Internet e posgrao pola Universidade de Santiago de Compostela sobre Estudos migratorios e Análise Demográfica.

Foi investigador en diferentes proxectos tanto nacionais como internacionais. Pertence ao Departamento de Análise e Intervención Psicosocioeducativa. Na actualidade é Profesor Contratado Doutor na Facultade de Ciencias da Educación e o Deporte de Pontevedra da Universidade de Vigo onde imparte diferentes materias. Desenvolve docencia así mesmo no Master en Necesidades Específicas de Apoio Educativo e no Máster para o profesorado de Educación Secundaria obrigatoria, bacharelato, formación profesional e ensino de idiomas. Foi recoñecido no ano 2017 finalista na categoría de Universidade aos mellores docentes de España nos premios Educa. Dirixiu numerosos traballos de master e grao. É membro do equipo de investigación GIES-10 e da rede interuniversitaria de investigación RIES. Conseguiu o terceiro Premio Nacional de Investigación na súa modalidade de Investigación Educativa na convocatoria de 2003. É membro do comité de redacción da Revista de Investigación en Educación da Universidade de Vigo, membro do consello asesor da Revista Galega do Ensino da Xunta de Galicia e do Consello de Redacción da Revista Interuniversitaria de Teoría da Educación editada pola Universidade de Salamanca. É avaliador de revistas nacionais e estranxeiras. Así mesmo é membro da Sociedade Española de Pedagoxía.

É coordinador de grao. Foi membro do Tribunal de Garantías da Universidade de Vigo e do Claustro Universitario,  membro da Comisión de calidade e da Comisión UNESCO en favor dos dereitos da Infancia. É membro da Comisión de Calidade da Facultade de Ciencias da Educación e o Deporte da Universidade de Vigo e membro da Comisión de Garantía de Calidade dentro a Comisión académica do Máster para o profesorado de Educación Secundaria obrigatoria, bacharelato, formación profesional e ensino de idiomas. É membro da Comisión Permanente da Facultade de Ciencias da Educación e o Deporte.

Comentarios