Investigación
ObXeCtivo 1.
Mellora e
incentivación da actividade investigadora.
COMPROMISOS:
·
Actualizar e mellorar o Manual de
Boas Prácticas na Investigación, incluíndo ferramentas que permitan velar polo
seu cumprimento para acadar os máximos criterios de excelencia na
investigación. Debe centralizar os datos de cada investigador/a dunha forma
integral nun sistema informático. Incluirá, entre outras, normas para a
recollida e custodia dos datos, difusión de resultados ou actividades de
avaliación e revisión, así como un Código Ético na Investigación.
·
Ofrecer apoio ou incentivo aos
grupos de investigación para permitirlles acudir ás convocatorias competitivas
de proxectos de investigación autonómicos, nacionais e internacionais con
garantías de éxito, así como apoio trala consecución dos proxectos.
·
Crear unha Oficina de Xestión
Integral de Proxectos e Contratos de I+D+i, que asuma as funcións de xestión
administrativa, económica e xustificativa de todos os proxectos e contratos de
investigación da universidade, integrando a estrutura periférica dos Campus.
·
Elaborar un Programa de Axudas á Internacionalización
e á preparación de proxectos de investigación internacionais que inclúa a identificación
de oportunidades de novos proxectos e de creación de consorcios.
·
Crear un Programa de Mellora dos Procesos
de apoio á consecución e xestión de proxectos nacionais e internacionais, que
incluirá o asesoramento en todas as fases, incluída a de xustificación. Abranguerá
tamén facilitar os procedementos de contratación de persoal con cargo a
proxectos, así como todos os aspectos de xustificación do mesmo.
·
Definir un Programa de Proxectos
de Investigación Precompetitivos que comprenda proxectos de investigación de
grupos emerxentes (grupos que aínda non acadaran financiamento externo), proxectos
de novas/os investigadoras/es (orientado a que empecen a actuar como IP de
novas liñas de investigación), e proxectos de interese local ou rexional (orientados
a contribuír ao desenvolvemento económico rexional e local).
·
Desenvolver un Programa de
Financiamento de Infraestruturas de Investigación para a adquisición de
infraestruturas centralizadas que aproveite as convocatorias europeas e
nacionais, que prevexa ademais o establecemento de plantas piloto nos tres Campus
(con certa incidencia posible tamén na docencia) e o cofinanciamento da
renovación de material inventariable dos grupos.
·
Crear un Programa de Accións Complementarias
para aquelas accións de difícil encaixe nas convocatorias de proxectos de
investigación, como pode ser a reparación de material científico, ou axudas á
utilización dos centros de apoio da universidade.
·
Potenciar as canles de
comunicación existentes, como as revistas científicas propias.
·
Crear unha plataforma colaborativa para o
intercambio de material e artigos de investigación, onde se compartan, por temática,
calls for papers de revistas científicas,
congresos..., e se dispoña de espazos para a proposta de temas, o debate...
OBXECTIVO 2.
Potenciación dos recursos
humanos e retención de talento interno.
COMPROMISOS:
·
Potenciar e incrementar os
recursos humanos dedicados á investigación, favorecendo o desenvolvemento da
carreira investigadora en todas as súas etapas, evitando a fuga de cerebros nos
que se fixese un investimento e que debe redundar no beneficio futuro da
institución.
·
Crear un Programa de Bolsas de
Iniciación á Investigación para estudantes de mestrado.
·
Establecer un Programa de Formación
de Persoal Investigador, baixo a forma de contratos predoutorais.
·
Pór en marcha un Programa de Perfeccionamento
e Mellora dos Currículos de doutores/as para que poidan acceder a programas
competitivos do tipo de Starting and
Consolidator Grants.
·
Convocar contratos de
investigación HIPATIA para doutoras, coa intención de fomentar o equilibrio
entre mulleres e homes na continuidade da carreira investigadora.
OBXECTIVO 3.
Atracción e captación
de talento externo.
Compromisos:
·
Incorporar persoal investigador
especializado para o desenvolvemento de liñas estratéxicas de investigación na
Universidade de Vigo e para o desenvolvemento cultural, económico e social de
Galicia, utilizando a figura de persoal investigador distinguido prevista na
Lei da Ciencia e os contratos Beatriz Galindo do Ministerio de Educación, Cultura
y Deporte de captación de talento internacional júnior e sénior, así como estudar
a creación doutros perfís con especialización en investigación.
·
Facer unha aposta pola atracción
de persoal investigador mediante o programa Oportunius da Xunta de Galicia para
atraer un pequeno número de investigadoras/es “highly cited”, tentando facelo
en eidos que xa son punteiros na nosa universidade.
·
Establecer un Programa de
Atracción de Novas/os Investigadoras/es de alto nivel co obxectivo da súa
posterior incorporación á carreira docente, tal como se establece no apartado
de PDI. O obxectivo é atraer persoal investigador con proxectos do European Research Council (Starting, Consolidator e Advanced Grants), contratados Marie
Curie e Ramón y Cajal, que serán a liña que preferentemente utilicemos para
renovar o noso cadro de persoal naquelas áreas en que as necesidades docentes
non sexan urxentes.
·
Impulsar un Programa de Captación
de Persoal Investigador desde as agrupacións estratéxicas e os centros
singulares de investigación que teñan avaliacións positivas dentro do programa
nacional Ramón y Cajal. Estaremos en disposición de utilizar tamén a figura
Parga Pondal se próximos gobernos autonómicos a volven poñer en marcha.
Obxectivo 4.
MoBilidade e
Perfeccionamento do Persoal Investigador.
Compromisos:
·
Desenvolver unha estratexia xeral
de internacionalización da investigación para fomentar e incentivar a
mobilidade do persoal investigador e a potenciar a súa actualización, difusión
de coñecementos e o intercambio científico.
·
Establecer un Programa de Axudas
para realizar estadías breves en centros de investigación estranxeiros.
·
Ampliar o Programa de Estadías ou
Visitas de persoal investigador doutros centros en departamentos e centros de
investigación.
·
Pór en marcha programas tanto para
a organización de congresos, seminarios e xornadas de carácter
científico-técnico, como para a participación en congresos e reunións
científico-técnicas de carácter internacional, con apoio na organización e
xestión económica dos mesmos.
OBXECTIVO 5.
Recoñecemento da
actividade investigadora.
COMPROMISOS:
·
Incentivar o profesorado con
vistas á consecución de sexenios de investigación e á mellora na súa produtividade
científica.
·
Definir un Programa de Avaliación
da Produción de Investigación e de Transferencia baseado nuns criterios acordes
cos 11 campos científicos CNEAI dos méritos relevantes para a consecución do
sexenio, ao mesmo tempo que os méritos relativos a congresos e outros de menor
importancia terán un peso cada vez menor ata a súa desaparición.
·
Recoñecer e recompensar a
actividade investigadora de excelencia, ademais de coa avaliación da produción coa
reversión dunha parte dos overheads
xerados en proxectos de investigación ao grupo de investigación.
·
Establecer recoñecementos docentes
para incentivar a consecución de proxectos na convocatoria H2020 ou semellantes,
en especial cando a Universidade de Vigo sexa a líder do consorcio.
Obxectivo 6.
Liñas de Investigación
Estratéxicas.
COMPROMISOS:
·
Prestar atención prioritaria, mediante
a definición dunha planificación estratéxica, a especialización dos seus tres Campus
(Vigo: Mar, Tecnolóxico e Biomédico, Ourense: Auga, Xurídico, Pontevedra: CREA S2i)
e a configuración actual dos centros de investigación singulares, apostando polas
unidades de investigación para contribuír a que a Universidade de Vigo sexa un
referente a nivel internacional.
·
Crear o Centro de Investigación en
Linguaxe, Tradución e Cognición como aposta estratéxica pola investigación de
calidade nos ámbitos das Humanidades e Ciencias Sociais.
·
Facer unha reestruturación dos
ámbitos de investigación, engadindo o ámbito da saúde, pola reordenación dos catro
actuais (científico, tecnolóxico, humanístico e xurídico social).
·
Analizar a situación dos grupos de
investigación, agrupacións estratéxicas e centros singulares de investigación e
os seus obxectivos científicos, é dicir, os seus plans estratéxicos e de
viabilidade económica. Realizar unha análise externa dos resultados acadados
polas agrupacións estratéxicas ou centros singulares nos últimos anos, coa
finalidade de poñer en valor o manual de boas prácticas na investigación.
·
Favorecer o mantemento dos
agrupamentos estables e de calidade para ser quen de combinar os recursos e
capacidades dos grupos e acadar investigación colaborativa e interdisciplinaria
de calidade, así como a incorporación de persoal investigador e de apoio.
·
Potenciar a actividade
investigadora interdisciplinaria entre membros dos centros singulares e agrupacións
estratéxicas con vistas ao acceso a fontes de financiamento e consecución de
niveis de prestixio e repercusión elevados.
·
Fomentar a creación de novas
agrupacións estratéxicas ou centros singulares de investigación mixtos formadas
pola asociación de investigadoras/es e grupos de investigación da Universidade
de Vigo e doutras universidades ou organismos públicos ou privados de
investigación, nacionais ou estranxeiros.
·
Buscar os mecanismos para mellorar
a calidade da produción de investigación e transferencia e o seu impacto no
ámbito social e produtivo.
·
Dotar de ferramentas e persoal
para minimizar a carga burocrática do persoal investigador e facilitar a súa
xestión económica e administrativa.
·
Promover a transmisión e difusión
da información das convocatorias de proxectos de investigación desde os
servizos de xestión centralizada, apoiando nas tarefas da solicitude dos
mesmos.
·
Considerar as axudas do Ministerio
de Economía y Competitividad para contratos de persoal técnico de apoio (PTA)
dos servizos como axudas que poidan complementar un soldo digno acorde coa súa
formación.