Saltar ao contido principal

Gobernanza


Obxectivo 1.
Fomentar un cambio de actitude na toma de decisións polo equipo de goberno baseado na negociación amiGABLE.

Compromisos:
·       Procurar o consenso como obxectivo final, despois dunhas negociacións previas levadas a cabo baixo un principio de confianza mutua entre as partes.
·       Promover unha cultura de respecto e diálogo con todos os membros da comunidade universitaria.
·       Promover as mesas de negociación como instrumento fundamental nos procesos de toma de decisións do equipo de goberno.
·       Garantir a participación máis ampla e plural posible de todos os sectores nas rondas de negociación, especialmente daquelas persoas que poden resultar máis afectadas por decisións específicas.
·       Proporcionar toda a información previa necesaria e poñela a disposición de todas as persoas implicadas nas negociacións antes de tomar decisións, actuando en todo caso de acordo co principio de transparencia.
·       Planificar os procesos de toma de decisións con suficiente antelación, buscando consellos oportunos nos casos en que sexa aconsellable.
·       Eliminar definitivamente o abuso de poder na toma de decisións cun carácter arbitrario, improvisado ou sectario.

Obxectivo 2.
Promover a creación dun marco xurídico estable, claro e baseado en amplos consensos, que preveña na medida do posible a aparición de conflitos.

COMPROMISOS:
·       Adaptar a normativa preexistente ao marco legal que supoñen os novos estatutos dun xeito claro e completo.
·       Crear sinerxías positivas entre as actuacións no eido regulatorio por parte da Secretaría Xeral e as distintas áreas ou persoas que poidan verse afectadas.
·       Fomentar a colaboración entre a Secretaría Xeral e as Facultades de Dereito e de Ciencias Xurídicas e do Traballo da Universidade de Vigo.
·       Promover a presenza da Secretaría Xeral nas negociacións previas á toma de decisións, como garante do cumprimento da legalidade.
·       Realizar cursos de actualización xurídica destinados en particular ao persoal da Secretaría Xeral e a grupos concretos que poidan verse afectados por actuacións específicas sobre o marco regulatorio da Universidade.
·       Promover unha participación activa dos membros do equipo de goberno en foros autonómicos ou nacionais relativos á produción normativa no eido universitario (EGAP, ACSUG, ANECA, CRUE…).

Obxectivo 3.
Desterrar a comparecencia continua da universidade ante a xurisdición, recOrrEndo a métodos alternativos da solución de conflitos, como é a mediación.

COMPROMISOS:
·       Potenciar as funcións do Defensor da Comunidade Universitaria.
·       Aceptar, na medida do posible, as decisións do Tribunal de Garantías con carácter vinculante, en asuntos de particular relevancia.
·       Situar a asesoría xurídica da Universidade de Vigo no seu rol de servizo a toda a comunidade universitaria.
·       Garantir, en todo caso, que as actuacións da asesoría xurídica se leven a cabo baixo o principio de imparcialidade.
·       Elaborar unha lista de posibles mediadores por sectores de especialización, que poidan intervir en caso de desencadearse un conflito.
·       Evitar a contratación de persoal alleo á Universidade de Vigo en labores de representación ou asesoría xurídicas.
·       Crear a Unidade de Mediación.

Obxectivo 4.
xestión económica.

COMPROMISOS:
·       Impulsar a sostibilidade financeira da universidade que permita manter as liñas estratéxicas de futuro.
·       Instaurar mecanismos de transparencia económica-financeira da universidade.
·       Descentralizar a xestión nos centros, servizos e unidades creadas a este efecto compartindo a responsabilidade.
·       Negociar con firmeza coa Xunta de Galicia un financiamento suficiente en defensa dos intereses da nosa universidade.
·       Racionalizar o gasto e a optimización dos recursos mantendo a calidade dos servizos.
·       Impulsar novas vías de captación de recursos financeiros.




Comentarios