Extensión Universitaria
OBXECTIVO 1.
ConvertEr a extensión universitaria nun valioso recurso para poÑer en
práctica a ResponsabilidadE Social da UniversidadE.
Compromisos:
·
Traballar a Extensión desde
un "modelo integral de Extensión Universitaria", aquel que
ve a Extensión desde a idea de universidade aberta, dinámica, crítica, desde a
democratización do saber e baseado na función social da universidade. O noso
modelo será altruísta, divulgativo, concienciador e vencellado tamén á empresa.
·
Orientar o noso modelo de
extensión universitaria cara a un modelo que estea máis centrado nas
necesidades sociais do seu contorno, establecer marcos de colaboración que
permitan máis diálogo. Para que a Universidade de Vigo se proxecte máis e
mellor e incida educativamente na sociedade mediante un intercambio de saberes.
Desde H2040 consideramos que o modelo de extensión universitaria actual da nosa
universidade constitúe unha acción cara á sociedade máis que
unha interacción coa mesma. Unha universidade das persoas debe
fomentar unha interacción en que se eliminen as xerarquías e se produza un
intercambio de saberes e unha co-construción do coñecemento.
·
Deseñar e desenvolver accións
educativas que integren docencia, investigación e a propia Extensión, a través de actividades e
programas de aprendizaxe-servizo,
entre outros.
·
Xerar
proxectos de innovación social mediante a posta en marcha
dun "Design Factory", Fab-Lab ou Makerspace por Campus. Espazos para a formación en STEAM, espazos
de co-creación, de xeración de proxectos colaborativos interdisciplinarios.
Espazos deseñados para facilitar novas formas de colaboración nun ambiente no
cal equipos de alumnado, académicos, emprendedores, innovadores e outros
expertos traballen en conxunto con empresas e comunidades baixo un mesmo teito.
·
Ampliar o catálogo de actividades
deportivas e de actividades na natureza. Incrementar a participación do
alumnado nas competicións de nivel autonómico e nacional así como a
organización de probas deportivas interuniversitarias nos nosos Campus.
· Apoiar a participación do alumnado nos equipos e-sport, incrementando a presenza
feminina e a participación e organización de eventos interuniversitarios.
·
Crear lugares de encontro interdisciplinario
que dean resposta ás inquedanzas e afeccións de todos os membros da comunidade
educativa, tales como: cine club; club de lectura; club de viaxes, natureza
e aventura; club de cociña e saúde...
·
Mellorar a difusión das
actividades a través da web e das redes sociais.
OBXECTIVO 2.
Fomentar a realización de accións no rural galego e do norte de
portugal.
Compromisos:
·
Apoiar
a realización de accións de Extensión no rural galego e no norte de Portugal. A
Universidade de Vigo debe devolverlle á sociedade de forma divulgativa o coñecemento
e a cultura que contén, e tamén recoller todo o saber
experto do rural que nos axudará a mellorar como universidade. Apoio ás actividades
de "Ciencia cidadá", como a creación de Science-shops rurais, Science-trucks itinerantes...
·
Ampliar os convenios e
patrocinios subscritos pola universidade en materia de Extensión
Universitaria con outras institucións, colectivos e empresas.
·
Deseñar actividades do Campus-Camp para
ser desenvolvidas no rural.
OBXECTIVO 3.
Considerar a Extensión universitaria deSde os principios da Inclusión
E O DEseño UNIVERSAL.
CompromisoS:
·
Fomentar a participación activa
de todo o alumnado no deseño e desenvolvemento do programa de
Extensión. Nomeamento de alumnas/os como correspondentes culturais e sociais,
como axentes de difusión das actividades de extensión universitaria entre a
comunidade universitaria.
·
Deseñar un programa dando resposta
á sensibilidade e as necesidades dos diferentes axentes que compoñen a
nosa comunidade universitaria, apoiándonos na perspectiva de referentes
internacionais de extensión.
·
Considerar a Extensión como
lugares propicios para o diálogo e o intercambio interxeracional entre o
estudantado do grao e o posgrao e o alumnado sénior das Aulas de Maiores.
Creación do Programa Interxeracional da Universidade de Vigo, que
incluirá conferencias, talleres e visitas culturais.
OBXECTIVO 4.
apoio ás aulas de maiores.
Compromisos:
·
Desenvolvemento de programas de
envellecemento activo e solidariedade interxeracional.
·
Promover o aproveitamento do
coñecemento sénior como servizo de valor engadido.
·
Emprender accións para facilitar a
presenza de maiores do rural nas Aulas de Maiores,
·
Xerar programas e actividades
artístico-culturais e deportivas lideradas polos maiores.
·
Implementar accións para superar a
barreira dixital.
OBXECTIVO 5.
PÓr en valor os museos E O patrimonio histórico-artístico da Universidade
de Vigo.
Compromisos:
·
Elaborar o "Mapa de
espazos de interese cultural, científico e técnico da Universidade de
Vigo" para a sociedade.
·
Crear a "Guía
turístico-educativa da Universidade de Vigo" e un programa de
visitas para colexios, familias e sociedade en xeral.
·
Mellorar a difusión destes
espazos a través da web e das redes sociais.