Saltar ao contido principal

Eva María Lantarón Caeiro


Profesora da Universidade de Vigo dende 1999 e Profesora Titular dende 2003, Diplomada en Fisioterapia pola Universidade de Vigo e Doutora pola Universidad de Málaga, Especialista en Fisioterapia Respiratoria pola Universidade da Coruña e en Drenaxe Linfático Manual pola Université Libre de Bruxelles.

Na actualidade obstenta o cargo de Presidenta da Conferencia Nacional de Decanos de Facultades de Fisioterapia, e exerce o seu terceiro mandato como decana da Facultade de Fisioterapia de Pontevedra da cal foi anteriormente vicedecana e secretaria. Coordinou as Prácticas Académicas Externas da titulación de Grao en Fisioterapia durante máis de 18 anos.

Exerceu os cargos de Vicepresidenta do COFIGA e Conselleira do CGCFE. 

Directora da IV edición do Curso de Posgrao en Fisioterapia Termal e Balneoterapia e Co-coordinadora do Curso de Posgrao de Especialista en Fisioterapia no deporte en tódalas súas edicións.

Investigadora principal do Grupo FS1- Fisioterapia I+i. A súa produción científica abarca a coautoría de máis de 40 artigos de investigación, 2 capítulos de libro e máis de 100 comunicacións a congresos de ámbito nacional e internacional. Con 4 quinquenios docentes recoñecidos, na actualidade está inmersa no traballo de xestión da Facultade de Fisioterapia e a Conferencia Nacional de Decanos de Fisioterapia así como no desenvolvemento de investigación en Fisioterapia nos ámbitos da uroxinecoloxía, oncoloxía, patoloxía respiratoria e docencia. 

Comentarios