Saltar ao contido principal

Espazos e Vida nos Campus


ObXeCtivo 1.
Optimización de espaZos.

CompromisoS:
·       Acometer un estudo acerca das necesidades docentes e de investigación dos centros e grupos de investigación e da dispoñibilidade de espazos nas diferentes dependencias da universidade coa finalidade dun mellor aproveitamento dos mesmos.
·       Deseñar un mecanismo de usos compartidos ou alternativos dalgúns espazos, como poden ser aulas para exames, aulas con equipamento audiovisual ou de videoconferencia... con vistas a optimizar o seu uso.

ObXeCtivo 2.
Analizar os compromisos adquiridos polo EQUIPO DE GOBERNO SAÍNTE.

CompromisoS:
·       Analizar aqueles compromisos en infraestruturas herdados, cumprindo co asinado así como coas amortizacións económicas comprometidas e propoñer novas ideas respecto do uso que se lles pretende dar, en liña co novo modelo de universidade que defendemos.

ObXeCtivo 3.
Plan de meLLora de equipamientos E conservación de edificios.

CompromisoS:
·       Analizar a situación real do estado e mantemento en cada centro, coñecendo quen se encarga del (persoal interno ou contratas externas), e establecer medidas para a súa optimización.
·       Establecer unha orde de prioridades á hora de acometer as situacións máis urxentes de mantemento (goteiras, perdas enerxéticas...) en cada centro, en coordinación cos responsables dos mesmos.
·       Definir un Plan de Mellora dos Equipamentos e Infraestruturas docentes, de investigación e de servizos, cunha dotación axeitada para poder dar un salto de calidade respecto das dotacións actuais.

ObXeCtivo 4.
Creación duna unidadE especializada en AccesibilidadE.

CompromisoS:
·       Analizar a situación de todos os edificios e instalacións da universidade para identificar barreiras arquitectónicas existentes e elaborar un plan para a súa total eliminación ao longo do mandato.
·       Promover a accesibilidade en todos os ámbitos da universidade (cartelería, páxinas web...).
·       Pór en marcha un plan que permita xeolocalizar todos os accesos aos edificios, con indicación do grao de accesibilidade de cada un deles e desenvolver aplicacións para dispositivos móbiles que permitan indicar a ruta axeitada para chegar a calquera edificio ou instalación da Universidade de Vigo en función das necesidades de cada persoa.

ObXeCtivo 5.
confortabilidadE E Prevencion de risCos laboraIs.

CompromisoS:
·       Incidir na configuración dos espazos de estudo e traballo como ambientes saudables e que cumpran, en todo caso, a normativa vixente no referente a inclusión e riscos laborais.
·       Mellorar as condicións de habitabilidade, ergonomía e benestar das aulas, laboratorios, oficinas, despachos e demais espazos dos edificios.
·       Adoptar as medidas e plans de emerxencia e evacuación de acordo co Servizo de Prevención de Riscos da universidade, así como fomentar a colaboración da comunidade universitaria co traballo deste servizo.

ObXeCtivo 6.
MeLLorar a vida NOS Campus: Concurso de Ideas E PROXECTOS Smart Campus.

CompromisoS:
·      Organizar concursos de ideas para todo o alumnado da Universidade de Vigo relacionado cos Smart Campus, que non requirirá coñecementos técnicos específicos, senón unicamente expoñer unha idea relacionada coa xestión, optimización, sostibilidade..., que mellore a vida nos Campus, e explicar brevemente como cren que podería levarse a cabo. O obxectivo é, mesmo, que poidan desenvolverse como Traballos Fin de Grao ou Fin de Mestrado.
·      Realizar convocatorias diversas no ámbito Smart Campus orientadas ao persoal da universidade, e que irán desde a presentación de ideas innovadoras ata o financiamento da realización de proxectos de innovación completos.

ObXeCtivo 7.
Solicitar O proXecto Smart-Campus-Uvigo.

CompromisoS:
·       Promover un proxecto institucional Smart Campus Uvigo xunto co Ministerio de Economía y Competitividad ou coa Xunta de Galicia, e con financiamento do Fondo Europeo de Desarrollo Regional (FEDER).

Comentarios