Saltar ao contido principal

Elena Rivo López



Licenciada en Ciencias Económicas e Empresariais e Premio Extraordinario pola Universidade Complutense de Madrid. Doutora en Administración e Dirección de Empresas pola Universidade de Vigo (2002), incorporouse como docente e investigadora a esta institución no ano 1998. Actualmente, é Profesora Contratada Doutora e investigadora no Departamento de Organización de Empresas e Mercadotecnia da Universidade de Vigo. A súa principal liña de investigación está vinculada á empresa familiar, sendo co-Directora da Cátedra de Empresa Familiar da Universidade de Vigo. Pertence  ao Grupo de investigación GEN (Governance and Economics research Network). Durante o período 2003-2007 foi Concelleira de Economía e Facenda no Concello de Ourense. Coordinou o Máster Universitario en Creación, Dirección e Innovación na Empresa da Universidade de Vigo durante o período 2011-2014. Foi elixida Decana da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo en Ourense para o período 2013-2019. Na actualidade é Comisionada de Coordinación Institucional da Universidade de Vigo. Forma parte do Colexio de Economistas de Ourense desde 2005.



Comentarios