Cidade do Mar - ETEA
ObXeCtivo
1.
converter
a cidade do mar nun POLO de creación de coñecemento E RIQUEZA.
CompromisoS:
·
Recoñecerlle a este espazo
singular a prominencia que todas as institucións demandan, unha vez finalizada
a rehabilitación e equipamento do edificio Faraday como sede central do
complexo científico, a través dos convenios xa asinados.
·
Promover a conversión da Cidade do
Mar nun dos Hubs do programa “Galicia Innova 2020”, no que as industrias da
automoción, o naval ou o incipiente sector da aviación non tripulada sexan os
piares.
·
Buscar sinerxías con centros tecnolóxicos
como poden ser Anfaco ou clústeres como o do sector naval, para que as actividades
de investigación e innovación levadas a cabo teñan unha aplicación dentro dos
sectores produtivos clave do sur de Galicia.
ObXeCtivo
2.
Promover
a creación da UniversidadE de VERÁN da EuroRreXión nas instalaciÓns dA FUTURA
CIDADE DO Mar.
CompromisoS:
·
Ofrecer unha oferta variada e
atractiva que teña en conta todos os ámbitos do saber e o coñecemento.
·
Promover o debate en temas na
fronteira do coñecemento de interese interrexional e internacional.
·
Buscar o patrocinio e apoio por
parte da Deputación Provincial e do Concello de Vigo, así como doutras
institucións e empresas locais, xa que así a Universidade de Verán se converterá
nun referente da cidade.
·
Promover a adecuación integral da
zona, incluíndo os xardíns e espazos verdes que rodean os edificios, co
obxectivo de facer máis atractiva a proposta.
·
Unir a sede da Cidade do Mar coa
Senda Verde pola antiga vía do tren entre Chapela e Vigo (unha vez cedida ao
Concello) permitindo comunicar o centro mediante un paseo peonil e cicloturista,
como parte da nosa aposta integral pola sostibilidade.