Saltar ao contido principal

Campus de Pontevedra


Obxectivo 1.
Revitalizar o Campus Crea S2i como unha necesidade principal do Campus.

Compromisos:
·       Apoiar os grupos de investigación que na actualidade traballan e desenvolven o seu quefacer investigador no Campus e traballar nun plan de acción cos seus protagonistas con vistas á nova localización da antiga delegación da Xunta de Galicia en Benito Corbal una vez que sexa reformado.
·       Crear unha zona de co-working para o alumnado e persoal investigador novo para facilitar o desenvolvemento de novas empresas e poñer as ferramentas para facilitarlles o camiño.
·       Facer da relación Universidade/Empresa unha das principais metas posibilitando e facilitando as relacións de egresadas/os coas empresas relacionadas cos estudos que se cursan no Campus.

Obxectivo 2.
Programa de Doutoramento: Creatividade e innovación social e sostible.

Compromisos:

·       Poñer en valor o programa de doutoramento desde unha visión innovadora e transversal apostando pola interdisciplinariedade como proceso para a busca de solucións creativas, competitivas e de calidade dando resposta aos desafíos da sociedade actual desde diferentes ámbitos.
·       Explorar, contando coa comunidade universitaria do Campus, novas formas de innovación para, á súa vez, entender o modo en que se desenvolven e conseguen os seus fins ou non se procuran os obxectivos fixados.
·       Propoñer e estudar solucións innovadoras para facer máis atractivo e participativo o programa de doutoramento contando coa opinión do persoal investigador do Campus de Pontevedra.
·       Axudar á participación en proxectos internacionais do persoal investigador implicado no programa.
·       Involucrar os poderes políticos nas iniciativas promovidas polo programa.


ObXeCtivo 3.
Reordenación de tÍtulOs E PROGRAMACIÓN SOCIOCULTURAL.

Compromisos:
·       Defender ante a Xunta de Galicia a permanencia dos títulos que se imparten actualmente neste Campus, así como estudar a posible implantación de novos títulos.
·       Apoiar o grao universitario en Deseño Téxtil e Moda na estrutura dun grao de Deseño.
·       Revitalizar o Cuarto Ciclo, como medida de aprendizaxe permanente ao longo da toda a vida.
·       Desenvolver unha programación cultural e social xeral do Campus integradora baixo a idea de converter a Casa das Campás nun espazo aglutinador dos intereses culturais, artísticos, sociais tanto da comunidade universitaria coma do colectivo cidadán, apoiando a oferta cultural da cidade de Pontevedra.


ObXeCtivo 4.
Descentralización dentro dunha estrutura coherente de toda a universidade.

CompromisoS:
·       Mellorar a estrutura actual da Vicerreitoría para adaptala ás necesidades de xestión.
·       Avanzar na formación dun equipo de apoio aos centros e ao persoal investigador baseado na eficiencia e na eficacia.
·       Desenvolver liñas de actuación que converxan nunha verdadeira universidade dixital para toda a comunidade do Campus.
·       Incrementar o apoio da unidade técnica, así como da delegación dos servizos informáticos.

Obxectivo 5.
Integrar a diversidade funcional no Campus de pontevedra.

Compromisos:
·       Fomentar a participación de diferentes membros da comunidade universitaria coa implantación de plans de formación, medios e apoio necesario para conseguir a adaptación técnica e curricular.
·       Desenvolver un censo anual de estudantes, PAS e PDI con discapacidade para permitir planificación e programación de recursos e apoio personalizado.
·       Proporcionar atención personalizada á comunidade universitaria con discapacidade, atendendo ás necesidades colectivas de cada caso: estudantes (acceso, titores, adaptación curricular), PDI (recoñecemento no POD, adaptación de materiais e tempos) e PAS (axustes RPT, traslados, aplicación de guías específicas de saúde ocupacional).
·       Promover o acceso ao Campus de Pontevedra de estudantes con discapacidade e fomentar e promover o éxito dos seus estudos universitarios.
·       Eliminar barreiras arquitectónicas e facer os edificios accesibles e o propio Campus máis accesible.

ObXeCtivo 6.
OPTIMIZACIÓN DE ServiZos/espaZos PARA A COMUNIDADE EDUCATIVA.

CompromisoS:
·       Finalizar o módulo do proxecto do edificio de Ciencias da Educación e do Deporte dentro dunha necesidade por afianzar e desenvolver aínda máis a calidade e o labor diario desta facultade.
·       Dotar de contido o programa Green Campus co desenvolvemento de accións transversais que fortalezan o respecto e a preocupación pola mellora ambiental e a súa sostibilidade dentro da comunidade educativa do Campus.
·       Xestionar e remodelar os espazos e recursos deportivos xa existentes co fin de rendibilizar ao máximo a súa utilidade e dar resposta ás demandas da comunidade universitaria do Campus de Pontevedra.
·       Desenvolver un estudo de necesidades respecto dos espazos para poder ter e xestionar dunha maneira o máis eficiente posible os espazos necesarios para todas as titulacións.
·       Reformular a comunicación do Campus cunha liña de transporte propia entre a estación de tren e o Campus.
·       Impulsar un plan de mobilidade baseado no respecto ao medio ambiente e acorde coas políticas internacionais.
·       Desenvolver con eficacia unha liña de transporte que comunique o Campus de Pontevedra coa cidade e cos principais puntos de conexión das cidades limítrofes (Vigo, Santiago, Vilagarcía...).
·       Ampliación de espazos comúns: zonas de estudos individuais e en grupo dentro do espazo do Campus. Así mesmo, ampliar, como proposta a medio prazo, a biblioteca, e os espazos para a coordinación e xestión da investigación.

Obxectivo 7.
IMPULSAr a interacción co COntorno empresarial e social, fomentando a cooperación entre as distintas áreas do CampuS.

CompromisoS:
·       Desenvolver proxectos de innovación nun ambiente de co-creación para a aprendizaxe, a docencia, a investigación en cooperación coa industria e os axentes sociais da provincia.
·       Promover a creación de sinerxías con empresas e institucións locais.
·       Apoiar a posta en marcha de proxectos empresariais orixinados no noso Campus.
·       Incentivar aos membros da comunidade universitaria que destaquen pola súa actitude emprendedora.

Obxectivo 8.
Promover a CAPTACIÓN de estudantes e a inserción laboral dAs PERSOAS tituladAs.

Compromisos:
·       Realizar programas para atraer estudantes excelentes nos diferentes graos do Campus de Pontevedra.
·       Apoiar a celebración de Foros e Feiras de Emprego, que amosan o potencial dos títulos presentes no Campus de Pontevedra.
·       Fortalecer os contactos cos centros de formación profesional da provincia para promover a incorporación do seu alumnado ao Campus.

·       Mellorar o deseño e o uso das enquisas sobre a inserción laboral das persoas tituladas.

Comentarios