Saltar ao contido principal

Calidade


Obxectivo 1.
Entender a calidade como un medio para acadar a excelencia académica, non como un fin en sI mesmO, potenciando as súas fortalezas e minimizando as súas debilidades.

COMPROMISOS:
·       Incluír a área de calidade no cadro organizativo da Secretaría Xeral da Universidade de Vigo, para integrar o sistema de garantía de calidade no marco da administración electrónica, garantindo así a fiabilidade dos datos e análises xeradas.
·       Reestruturar o sistema xeral de procedementos de calidade, simplificándoo, aclarándoo e mellorando a súa utilidade.
·       Promover a creación dunha comisión interuniversitaria de calidade coa participación das universidades do SUG e os representantes da ACSUG, para facilitar a negociación nas decisións que afectan á xestión da calidade.
·       Articular formas de establecer sinerxías positivas entre a calidade docente e a calidade da investigación, para alcanzar o obxectivo da excelencia académica do PDI.
·       Acadar unha xestión adecuada das diversas enquisas dirixidas aos usuarios de servizos, o que redundará na sinxeleza do tratamento dos datos obtidos e na súa fiabilidade.
·       Establecer unha conexión directa entre a área de calidade e a xestión do portal de transparencia, a fin de garantir o tratamento e a supervisión adecuada dos datos.

Obxectivo 2.
Prestar un apoio firme e decidido ás persoas implicadas nas obrigas que xera a xestión da garantía da calidade.

COMPROMISOS:
·       Proporcionar ferramentas informáticas simples e de uso intuitivo para levar a cabo de forma máis sinxela os procedementos de calidade que o requiran, en particular nos casos que requiren recollida e almacenamento de probas.
·       Resolver os problemas específicos que supón a xestión da calidade en titulacións compartidas entre centros e dobres titulacións na Universidade de Vigo, en particular nos procedementos de seguimento e renovación da acreditación destas titulacións.
·       Atribuír competencias aos Vicerreitores de Campus para resolver problemas e colaborar nos procedementos de calidade máis complexos que poidan afectar os Centros que lles correspondan.
·       Simplificar o procedemento de avaliación da docencia ‑DOCENTIA‑ tanto no seu formato anual como quinquenal.
·       Asignar competencias en materia de calidade a postos específicos e individualizados no marco dunha relectura da RPT do PAS da Universidade de Vigo.
·       Establecer unha relación directa entre o persoal da área de calidade e o PAS con competencias na materia, facilitando así o traballo dos coordinadores e das comisións de calidade dos centros.
·       Aumentar os descontos docentes das persoas que realizan tarefas de calidade particularmente complexas ou facilitando a subcontratación da execución de determinadas actividades relacionadas coa calidade.
·       Realizar cursos intensivos específicos especialmente deseñados para o PAS con atribucións na materia, dirixidos polo persoal da área de calidade.

Obxectivo 3.
IMPULSAR e promover unha cultura da calidade dun xeito efectivo entre os membros da comunidade universitaria, especialmente entre o PDI.

COMPROMISOS:
·       Organizar un foro anual aberto sobre xestión da garantía da calidade.
·       Incluír o PAS entre os obxectivos das enquisas de satisfacción destinadas ás persoas usuarias do servizo.
·       Premiar con estímulos positivos os Centros e as titulacións que culminen exitosamente determinados procesos de calidade e que cumpran coas obrigas derivadas dos procedementos establecidos.
·       Levar a cabo reunións periódicas cos coordinadores de calidade e das titulacións dos centros dun mesmo ámbito, co obxectivo de tratar de forma específica os problemas relativos á xestión da calidade que lles poidan afectar.
·       Fomentar con estímulos positivos a participación nas comisións de calidade dos Centros.

Comentarios