O Alumnado
OBXECTIVO 1.
ATRAER ESTudanTES PARA
SER A PRIMEIRA OPCIÓN UNIVERSITARIA EN GALICIA.
COMPROMISOS:
·
Deseñar un Plan de Promoción da
Universidade de Vigo para dar a coñecer ao profesorado non universitario,
estudantes e familias a oferta formativa e os puntos fortes da universidade, as
súas titulacións e as saídas profesionais.
·
Poñer en marcha traballos
conxuntos co profesorado de secundaria e bacharelato e colaboracións entre alumnado/profesorado
de secundaria e equipos de investigación da Universidade de Vigo no desenvolvemento
de miniproxectos de investigación e posterior difusión de resultados, como
formas de implicar o futuro alumnado na universidade.
OBXECTIVO 2.
ATRAER ALUMNADO
INTERNACIONAL.
COMPROMISOS:
·
Ampliar o Plan de
Internacionalización da Universidade de Vigo para dar a coñecer a súa oferta formativa,
cunha orientación a diferentes países-obxectivo: países en que a lingua galega
poida ser un valor á hora de captar alumnado, como poden ser Portugal e Brasil,
países en que hai presenza de emigración galega (Iberoamérica), e países para
os que necesitamos avanzar cara á impartición de titulacións completas en
inglés, como poden ser os países europeos, India e China.
·
Potenciar os doutoramentos con
Mención de Calidade e Doutoramento Europeo.
·
Formación permanente de todo o noso
persoal en linguas estranxeiras.
·
Establecer o uso dos micromestrados
e da ensinanza non presencial como medio para atraer novo alumnado.
·
Preparar un mestrado piloto
mediante ferramentas de ensino a distancia, cunha fase presencial breve final.
OBXECTIVO 3.
ASEGURAR o ACCESO Á
UNIVERSIDADE EN IGUALDADE DE OPORTUNIDADES.
COMPROMISOS:
·
Defender a conxelación das taxas
de grao e o achegamento dos prezos públicos de mestrados aos de grao.
·
Posicionamento fronte ás
institucións con competencias no ámbito de financiamento con vistas á creación
de bolsas para a eliminación das restricións económicas no acceso a mestrados.
Asemade, como un primeiro paso cara á posible gratuidade das ensinanzas
universitarias, apostar por que o primeiro curso sexa de balde.
·
Establecer un programa de axudas para estudantes que se atopen nunha
situación de dificultade socioeconómica que poña en perigo o acceso
e/ou continuidade dos seus estudos. Así, ademais de manter as axudas ao alumnado
xa existentes na nosa universidade, propoñemos mellorar as posibilidades coas
seguintes:
>
Bolsas
Alumni: Estudantes con expediente académico destacado.
>
Bolsas Acceso: Estudantes con mellores notas de admisión á universidade que
soliciten praza en primeira opción nunha titulación da nosa universidade.
>
Bolsas Destino:
Estudantes con mellores notas de
admisión á universidade que non residan en Galicia para facilitar a súa
instalación preto dos Campus.
> Axudas de Emerxencia Social: Axuda urxente
e de carácter extraordinario para estudantes que de forma puntual se
vexan privadas/os dos recursos económicos suficientes para continuar cos seus
estudos.
>
Axudas a estudantes con
discapacidade e en situación de dependencia.
>
Axudas a estudantes con persoas
dependentes ao seu cargo.
>
Axudas de gardería ou educación
infantil para estudantes con fillas/os ao seu cargo.
OBXECTIVO 4.
FAVORECER A
INTEGRACIÓN Do ALUMNADO DE NoVO INGRESO NA VIDA UNIVERSITARIA E ATENDER AS SÚAS
NECESIDADES FORMATIVAS E INFORMATIVAS.
COMPROMISOS:
·
Implantar
de maneira efectiva un Plan de Acción Titorial (PAT) en todos os centros, que
estableza o conxunto de actuacións destinadas a favorecer a integración do
alumnado na vida universitaria.
·
Continuar
coa formación específica do profesorado e alumnado mentor que participa nos
programas de titorización.
OBXECTIVO 5.
MELLORAR E FOMENTAR A
IMPLICACIÓN Do ALUMNADO NA GOBERNANZA UNIVERSITARIA.
COMPROMISOS:
·
Deseñar un Plan de Participación
Estudantil para implicar o alumnado na vida
universitaria e académica.
·
Fomentar a participación do
alumnado nos órganos de goberno da universidade.
·
Establecer canles de participación
do alumnado que sexan eficaces, áxiles e permanentes.
·
Potenciar as Delegacións de
Alumnado e fomentar a realización de actividades e a vida estudantil nos
centros.
·
Ofertar axudas e bolsas de
formación para a colaboración en tarefas de dinamización de Centros.
·
Organizar un Congreso de Estudantes
da Universidade de Vigo que sexa un punto de encontro de todas as delegacións
de alumnado onde establecer relacións, facer unha posta en común, compartir
inquietudes, detectar necesidades, propoñer iniciativas e accións conxuntas...
·
Fomentar o asociacionismo estudantil
(Asociacións, Clubs, Sociedades, Grupos, Foros...) que realice un labor por e
para a comunidade universitaria.
·
Colaborar nas iniciativas,
actividades e proxectos promovidos polo alumnado que sexan enriquecedores na
formación dos nosos estudantes (lecer, cultura, voluntariado, cooperación,
deporte, emprego, emprendemento, innovación, deseño...).
·
Proporcionar apoio institucional, espazos,
dotación económica, asistencia e visibilidade ás asociacións e ás súas
iniciativas. Crear un espazo multifunción, multiuso, libre e aberto para o
alumnado.
OBXECTIVO 6.
OFRECER UNHA FORMACIÓN
INTEGRAL AO ESTUDANTADO.
COMPROMISOS:
·
Deseñar unha oferta de formación
integral para promover coñecementos e desenvolver habilidades e destrezas, desde
o ingreso ata o egreso, que favorezan a traxectoria académica e profesional do
alumnado mediante actividades complementarias da súa formación curricular.
·
Mellorar a Guía do Estudantado de
forma que conecte as saídas profesionais coas empresas máis relevantes en cada
sector.
·
Identificar as carencias en
hábitos e técnicas de estudo do alumnado e elaborar unha oferta de formación
específica neste eido.
·
Identificar as necesidades
formativas dos estudantes e completar a oferta de programas, cursos e xornadas
de formación que ofrece a universidade.
·
Dirixir o alumnado aos cursos de
formación que ofrece a universidade.
·
Implantación e remodelación de “cursos
0”para reforzar os coñecementos básicos que require o alumnado de novo ingreso.
·
Elaborar un catálogo de
competencias transversais para o alumnado e promover actividades para a súa
adquisición.
·
Incorporar nos Plans de Formación
do Profesorado accións encamiñadas a dar resposta ás necesidades do alumnado.
·
Fomentar
e impulsar a formación continua con cursos e actividades vinculadas ao emprego e
ao desenvolvemento da carreira profesional nun contorno multidisciplinario.
OBxECTIVO 7.
INCREMENTAR AS
RELACIÓNS COAS EMPRESAS PARA MELLORAR A EMPREGABILIDADE.
COMPROMISOS:
·
Definir un Plan de Prácticas
Externas para incrementar as relacións con empresas e institucións que mellore a
formación práctica do estudantado, que o prepare para o exercicio da súa
profesión, facilite a súa empregabilidade e fomente a súa capacidade de
emprendemento.
·
Aumentar o número de convenios e
acordos con empresas e institucións innovadoras, de calidade e excelencia.
·
Dar a coñecer ao contorno
empresarial a nosa oferta académica e o nivel do alumnado e persoas egresadas
da Universidade de Vigo.
·
Ampliar a oferta de prácticas
remuneradas.
·
Promover a internacionalización
das Prácticas Externas.
·
Axilizar o recoñecemento de
créditos e mellorar a coordinación entre os servizos implicados.
OBXECTIVO 8.
FACILITAR A INTEGRACIÓN NA VIDA LABORAL.
COMPROMISOS:
·
Establecer un Programa de
Orientación Laboral para facilitarlle ao alumnado a súa incorporación ao
mercado laboral dotándoo das ferramentas necesarias para potenciar e mellorar
as súas condicións de empregabilidade.
·
Promover un espazo que facilite a
información sobre continuación de estudos, bolsas, emprendemento e emprego.
·
Ofrecer unha formación xeral para
a inserción laboral (técnicas de busca de emprego, elaboración de cartas de
presentación e currículos, entrevistas, portafolio...).
·
Ofrecer unha formación
especializada coa participación de profesionais, empresas, colexios e persoas
egresadas para adquirir habilidades concretas por ámbitos de coñecemento.
·
Promover o emprendemento e o
autoemprego mediante actividades formativas, encontros e redes de colaboración
entre estudantes de distintos ámbitos e profesionais do sector público e
privado.
OBXECTIVO 9.
MELLORAR A ATENCIÓN,
ASESORAMENTO, COMUNICACIÓN, APOIO E ORIENTACIÓN AO ESTUDANTADO.
COMPROMISOS:
·
Crear
o Centro de Atención ao Estudantado, onde se ofreza a
información e a oferta dispoñible para o alumnado durante as distintas fases na
súa relación coa universidade.
·
Mellorar
o portal web existente para convertelo no punto
centralizado sobre procedementos e
información de utilidade para o estudante, incluíndo un servizo de
atención e resolución de dúbidas do alumnado.
·
Completar a vida universitaria
dando a coñecer todas as alternativas sobre saúde, deporte, acción
social, ocio e cultura.
OBXECTIVO 10.
FAVORECER A FORMACIÓN
EN VALORES COMO SOLIDARIEDADE, COMPAÑEIRISMO, RESPECTO E ESPÍRITO CRÍTICO.
COMPROMISOS:
·
Fomentar o espírito crítico e
favorecer o intercambio de ideas mediante foros de pensamento e debate que
faciliten a reflexión en temas clave de actualidade.
·
Promover actividades vangardistas
e innovadoras para aprender a gozar e apreciar a cultura en todas as súas
manifestacións: teatral, musical, expositiva...
·
Fomentar o deporte como elemento
socializador e integrador que axude ao desenvolvemento persoal sen que a
condición física, económica, social ou cultural sexa un impedimento.
·
Levar á práctica estratexias para
construír unha sociedade máis xusta a través do voluntariado e a cooperación na
busca de solucións a problemas, conflitos e situacións inxustas.
OBXECTIVO 11.
MELLORAR CUALITATIVA E
CUANTITATIVAMENTE A MOBILIDADE ESTUDIANTIL.
CompromisoS:
·
Establecer
iniciativas encamiñadas ao fomento, promoción e desenvolvemento da
participación do estudantado en programas de mobilidade para
elevar a calidade académica e a súa competitividade internacional. O obxectivo
é acadar as cifras de mobilidade que marca a Unión
Europea para o ano 2020 en todas as titulacións da universidade (20%).
·
Aumentar
o número de destinos tanto europeos como mundiais, mellorando progresivamente a
calidade dos mesmos.
·
Mellorar
a competencia lingüística do alumnado de grao e mestrado, promovendo a
realización de cursos de idiomas nos distintos centros.
·
Mellorar a información, atención e coordinación ao
noso estudantado antes,
durante e despois da súa estadía. Mellorar a acollida dos estudantes estranxeiros
para
integralos na vida universitaria.
OBXECTIVO 12.
FACILIDADE E MELLORA
DE SERVIzOS TIC PARA O ESTUDANTADO.
COMPROMISOS:
·
Implementar
un Plan de Integración e Fomento das TIC como ferramenta eficaz para facilitar os
procesos
de ensinanza-aprendizaxe e para aumentar a calidade dos servizos ofertados ao noso alumnado.
·
Proporcionar
novos servizos ao alumnado: almacenamento na nube, aplicacións de telefonía
móbil para cubrir necesidades concretas, xestións e trámites a través da
administración electrónica...
·
Mellorar
os servizos existentes para o alumnado: incrementar o
catálogo software e o número de licenzas para o alumnado, unificar todos os
contrasinais de todas as contas da universidade para a mesma persoa, mellorar o
sistema de listas de distribución, conexión wifi máis robusta, difundir o
acceso a Eduroam...
Obxectivo 13.
FIDELIZAR AS PERSOAS
EGRESADAS DA UNIVERSIDADE DE VIGO.
COMPROMISOS:
·
Apoiar o Programa Alumni co fin de
manter o interese e identificación das persoas egresadas coa Universidade de
Vigo, xa sexa para continuar a súa formación, converterse en colaboradores ou
simplemente estreitar as relacións da Universidade co mundo social, cultural,
empresarial e político a través deles. Tamén servirá de canle para manter o
contacto entre compañeiras/os e compartir experiencias, proxectos, temas
laborais...
·
Impulsar o Observatorio de
Egresados como ferramenta para o seguimento e interacción coas persoas tituladas
da nosa Universidade.
·
Facer un seguimento actualizado
das persoas tituladas da Universidade de Vigo e identificar, localizar e seguir
a proxección laboral das mesmas.
·
Facilitarlle ao antigo alumnado a
continuación de estudos mediante a oferta de títulos de mestrado e doutoramento
semipresenciais ou virtuais, así como de cursos
de especialización e/ou reciclaxe.
·
Crear un servizo de asesoramento
laboral que inclúa a oferta de bolsas de emprego, prácticas remuneradas, cursos
de actualización e reciclaxe, axudas a emprendedores…
·
Ofrecer unha serie de vantaxes e
descontos no uso de instalacións e servizos da universidade (deportes, preparación
a exames oficiais de idiomas...).
OBXECTIVO 14.
PREVIR E SANCIoNAR o
ACOSO SEXUAL ENTRE o ALUMNADO.
Compromisos:
·
Crear a Unidade de Acoso Sexual
para Alumnado co fin de abordar o acoso de tipo sexual nas súas dimensións de
prevención, atención, sanción e reparación ás vítimas, tomando como referencia
os protocolos existentes.
ObXeCtivo 15.
BENESTAR E Calidade de
Vida.
Compromisos:
· Mellorar as condicións de atención sanitaria da comunidade
universitaria con, entre outras, as seguintes medidas: procura de presenza de
persoal sanitario de forma permanente nos Campus, cobertura cun seguro médico
axeitado das posibles incidencias en viaxes ao estranxeiro, ou facer dos Campus
espazos cardioprotexidos.
Implantar
programas de promoción de vida saudable e de vixilancia da saúde mediante a
creación dunha Unidade de Saúde Integral do alumnado que se encargue de temas
relacionados coas actividades físico‑deportivas, a nutrición, a educación
afectivo‑sexual...