Saltar ao contido principal

PÍLULAS

DOCENTIA: 

Consideramos a implantación do programa Docentia na Universidade de Vigo como unha experiencia FALLIDA, polo que non o utilizaremos máis como ferramenta de avaliación no seu formato actual. Acometeremos unha simplificación profunda, pero, por riba de todo, un cambio de filosofía, presupoñendo por defecto a competencia e o cumprimento docentes do PDI, así como a súa capacidade de análise dos resultados obtidos.

PAGAS EXTRA:

As “Leyes de Presupuestos Generales del Estado" para os anos 2007, 2008 e 2009 regulan o dereito ao cobro do complemento específico nas 14 pagas para todo o persoal da Administración Pública. Isto supuxo que dende decembro de 2009 todo o emprego público do Estado, coa excepción do PDI dalgunhas Universidades incluída a de VIGO, comezaron a cobrar este concepto retributivo nas pagas extras. Na actualidade, o 73% das Universidades Españolas pagan nas pagas extras de xuño e decembro o 100% do complemento específico mensual (compoñente xeral, QUINQUENIO e CARGO ACADÉMICO).
Por una razón de xustiza, #H2040 comezará a pagar dende a paga extra de xuño de 2018 o complemento específico íntegro, incluíndo quinquenios e cargo académico.

CONCILIA:

Conciliar a vida laboral e familiar resulta complicado no ámbito académico. Nun intento de facer posible esa conciliación, #H2040 porá en marcha un “Plan Concilia” para alumnado, PAS e PDI co obxectivo específico de garantir a igualdade real e efectiva entre mulleres e homes nas condicións de convivencia e de traballo da UVigo. Este plan promoverá mellores condicións para o coidado da infancia e das persoas dependentes. Impulsarase un regulamento para compatibilizar o coidado coa produción científica, os estudos e as tarefas administrativas e dos servizos. 


ALUMNADO:

Sodes máis que estudantes. Queremos axudarche a concretar o teu proxecto de vida, porque cada persoa é única. 
Poremos en marcha un "Plan de Apoio Integral ao alumnado da UVigo". A formación que estás a recibir, se se basea unicamente na transmisión de información queda incompleta, carece de valor. As mellores Universidades seguen o modelo de formación INTEGRAL da persoa, isto é, achegan un conxunto de coñecementos, habilidades, actitudes e valores que vos permiten inserirvos na sociedade actual, e que contemplan ademais unha formación para toda a vida. Queremos mellorar para ti, facelo doutro xeito. Poremos en marcha un Plan de Atención Integral para TODO o alumnado que cubra as áreas psicoafectivas, cognitivas e sociais . Unha atención específica para cada unha das etapas na que te atopes na UVigo.

Un acompañamento ao longo dos teus estudos, en cuestións relacionadas con: actividades físico-deportivas, culturais, ambientais, afectivo-sexuais, nutrición e cociña saudable, titorías entre pares, ética e responsabilidade social, igualdade de xénero, hábitos e técnicas de estudo, voluntariado, conciliación familiar, prácticas internacionais, traballo colaborativo e emprendemento.

Un plan que te preparará mellor para a túa incorporación consciente, respectuosa, activa, crítica e transformadora nunha sociedade en veloz cambio. 
H2040, colocándote no centro das nosas accións.

MELLORA EMPREGO:

En #H2040 saudamos con ledicia “El acuerdo para la mejora del empleo público y de las condiciones de trabajo”. Vén de asinarse entre Goberno e Sindicatos e vai ser un importante instrumento de traballo para o desenvolvemento das nosas propostas. En primeiro lugar, pretende impulsar o diálogo social; na nosa Administración pretendemos construír un futuro máis baseado no debate e nunca na imposición. O acordo inclúe medidas para a mellora do emprego e das condicións de traballo, permitindo reducir a temporalidade, que debe quedar nun máximo do 8%. Este obxectivo, desexable e posible, e bo para os traballadores da nosa institución. Ademais da diminución do emprego temporal, semella que é o momento para, lonxe de seguir destruíndo emprego público, crear o necesario. Ainda que non está claro cal vai a ser a taxa de reposición, ábrese a porta a dispor de máis do 100%, e a que non conten os procesos de promoción interna na mesma de xeito xeneralizado. Na parte orgánica do acordo permítese que se dispoña dunha porcentaxe adicional da masa salarial para implementar plans de mellora da produtividade ou eficiencia, a revisión de complementos específicos entre postos con función equiparables e a homologación de complementos de destino entre outras. É dicir, ábrenos a porta para abordar as homologacións e funcionarizacións pendentes.

PAS:

Negociación. Carreira  profesional. Establecemento de criterios negociados, estables, transparentes e xustos para a promoción, comisións de servizos, traslados. Avaliación da RPT e acordos para unha nova se é preciso en poucos meses.

280:

H2040 considera a docencia como un dos piares básicos da universidade, e non como elemento de castigo. Antes que nada somos docentes.
No primeiro POD que fagamos o límite máximo de capacidade docente será de 280 horas. Non perdemos de vista o horizonte das 240.Consideramos que redundará nunha maior calidade da docencia e favorecerá a motivación de todo o profesorado.Pódese facer. Mantendo as dedicacións actuais para o resto do profesorado, tería un custo similar ao que supón a actual estrutura de xerencia externa e de altos cargos asesores do Reitor alleos á Universidade.


Burocracia:

H2040 considera un obxectivo prioritario a procura da excelencia en todos os ámbitos da universidade, incluída a xestión. Este proceso pasa ineludiblemente pola axilización e simplificación de trámites e procedementos administrativos. Temos que ser quen de implicar a todos os colectivos, e en especial a todo o PAS, como elemento activo principal neste ámbito. 
A nosa aposta terá como eixe fundamental o concepto de Administración Dixital, que será a ferramenta que nos permita converter a nosa universidade nunha administración do século XXI, en liña co novo marco legal europeo, estatal e galego.

O esforzo permitirá liberar a comunidade universitaria de traballo baldío, e orientar os esforzos cara á mellora do desempeño dos labores propios de cadaquén, e aumentar, ao mesmo tempo, a calidade dos servizos.

Sostibilidade:

A nosa candidatura quere incluír a sustentabilidade como un eixe fundamental da súa estratexia de goberno presentando iniciativas en todos os ámbitos que a concirnen e que permitan impulsar a Universidade de Vigo como un referente de universidade sustentable e intelixente (Smart Campus). Pensemos cantas veces se atopan os despachos baleiros coas luces acesas, non falemos dos laboratorios ou seminarios moitos/as de nós sabémolo moi ben. Por non mencionar as horas nocturnas con infinidade de equipos electrónicos acesos ou en suspensión, sen unha finalidade precisa nin necesaria, quen apaga totalmente a impresora?, todo isto supón un malgaste de enerxía non xustificado. Dicir que temos nos tres campus edificios fermosos, mesmo algúns gañaron premios internacionais de arquitectura, é unha realidade, pero non todos son edificios sostibles porque esta non era unha prioridade cando se deseñaron. Queremos que sexan tamén "amigables". Traballaremos por que as nosas infraestruturas sexan sustentables. 

Non son precisas novas instalacións, senón mellorar o ecosistema completo da Universidade de Vigo. Incorporaremos accións de sustentabilidade ambiental (campus máis verdes, aforro no consumo de enerxía e auga, diminución da pegada ecolóxica e das emisións de carbono, fomento do transporte público e a reciclaxe, vexetación autóctona...), sustentabilidade económica (redución de custos por eficiencia no uso de recursos e reciclaxe) e compromiso social (voluntariado, atención a colectivos vulnerados, atención á diversidade funcional, campus máis saudable), e todo aquilo que a imaxinación nos sinale e o orzamento permita.