Saltar ao contido principal

PAS

Pílulas publicadas



1. Recuperación do Artigo 24º.-Reducións horarias. Para os meses de xullo e agosto e períodos non lectivos de Nadal e Semana Santa, nos que a xornada será de 25 horas semanais de traballo efectivo, establécense as seguintes reducións horarias para cada modalidade: Xornada a) de realización en quendas de mañá (das 9.00 ás 14.00 horas) ou de tarde (de 14.00 a 19.00 horas), agás pacto en contrario. Supresión da bolsa horaria.



2. Recuperación do Artigo 26º.- Os traballadores/as terán dereito nos períodos non lectivos de Semana Santa e Nadal a tres días de vacacións por cada período. O réxime de goce de estes días negociarase tendo en conta as necesidades e dispoñibilidades dos servizos.


3. Modificación da instrución xerencial sobre a prestación económica por incapacidade laboral transitoria, acadando que ningún traballador, pdi e pas, non lle sexa aplicada ningunha minorización en ningún concepto retributivo. Calquera baixa que leve a dúbidas ao servizo de retribucións terá que ser remitida, estudada e decidida pola Comisión de seguimento do acordo entre os órganos de representación e o equipo de goberno.

4. Promoción do grupo C2 ao grupo C1: Aceptación da filosofía desta promoción, así como asumir a proposta aprobada por unanimidade polo órgano de representación do PAS-funcionario nos apartados de temario, bases de participación e probas, así como a súa publicación inmediata no DOG.
Promoción do grupo C1 ao A2 e Letrado: Negociación dos temarios, probas, bases de participación e a fase de méritos. Negociación e publicación do Dereito Positivo da promoción interna.
Comisións de Servizo: Regulación da concesión de comisións de servizos, mediante un acordo: transparente e público. Recollendo un aspecto básico: conciliación familiar a través do acercamento do funcionario ao seu domicilio dun posto vacante, ben por baixa do titular do posto ou por nova creación.